Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe e mañá celébrase o Torneo de San Telmo 2012 de balonmán

10/04/2012

Hoxe martes 10 de abril e mañá mércores 11 celebrarase no Novo Pavillón Deportivo Municipal de Tui o Torneo de Balonmán das Festas de San Telmo, organizado polo Club Balonmán Tui en colaboración coa Comisión de Festas de San Telmo e o Concello de Tui.

 

Máis de 250 nenos e nenas participarán nunha nova edición deste torneo das Festas de San Telmo, competindo o martes 10 a partir das 16.00 horas as categorías alevín e infantil, xogando o mércores 11 as categorías benxamín e prebenxamín.