Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Grupos de Senegal, Venezuela, Croacia e o País Basco actúan na IX Noite Internacional do Miño

28/07/2008

Grupos de Senegal, Venezuela, Croacia e o País Basco actúa na IX Noite Internacional do Miño

Será o mañá martes, 29 de xullo, ás 21.30h no Parque do Laxal en Rebordáns

Luns, 28 de xullo. O Parque do Laxal en Rebordáns acolle o mañá martes, ás 21.30h, a IX Noite Internacional do Miño organizada pola Escola de Baile e Gaitas “San Fins” de Rebordáns coa colaboración da Concellería de Cultura de Tui. Trátase dun espectáculo no que o folclore é o nexo de unión entre país moi diversos. Este ano están presentes grupos de Senegal, Venezuela, Croacia, amais do Pais Basco e Galicia.

Dende Venezuela chega o grupo “Tradiciones” creado en 1996. O director-fundador, Juan Pérez, logrou reunir a músicos e bailaríns de destacada traxectoria artística, tanto nacional coma internacional. Entre as súas participacións nacionais máis destacadas compre citar a celebración dos 75 anos de historia da orquestra sinfónica de Venezuela, realizando un encontro entre a música clásica e a tradicional. A nivel internacional actuaron en Francia, Italia e Chile.

Nesta IX Noite Internacional do Miño participará tamén o grupo “Lions of Africa” formado polos mellores artistas senegaleses de hoxe en día. A través da maxia do seu colorido folclore e da súa tradición, o grupo convida a experimentar coa cultura e tradición africanas con bailes cativadores con acrobacias e moito ritmo. Representan a tradición senegalesa coñecida como “Simb”, un ritual máxico que ten pasado de xeracións en xeracións de curandeiros coñecidos como “Griots”. Consiste en representar a enerxía dun home coma a dun león que se converte no rei da xungla. A representación que fan e fascinante e marabillosa. Foron elixidos para representar a Senegal internacionalmente.

Dende Croacia chega o grupo Kud Frankopan-Remete que este ano cumpre 88 anos. Estáformado por 35 compoñentes cunha media de idade de 20 anos entre bailaríns/cantantes e músicos tamburitza. No repertorio que van ofrecer na Noite Internacional do Miño figuran cancións e bailes de varios lugares de Croacia, amosando a variedade folclórica e de costumes do seu pais. Teñen actuado en varios festivais folclóricos en Croacia, así como en países como Francia, Suíza, Italia, República Checa, Bélxica, Holanda e EE.UU.

Por último Alkartasuna Euskal Dantza Taldea presentará os autenticos bailes tradicionais do Pais Vasco. No seu repertorio figuran pezas de Ustaritz, Lizarra, Navarra, Zuberoa e Araba entre outros.

A Escola de Baile e Gaitas San Fins de Rebordáns convida a acudir a esta IX Noite Internacional do Miño no Parque do Laxal en Rebordáns, que ten contado nas edicións anteriores cun gran éxito de público.