Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Gran éxito da 2ª Festa House Tuytú

17/08/2010

Superou as expectativas previstas

Gran éxito da 2ª Festa House Tuytú

 

Luns, 16 de agosto de 2010. A 2ª Festa House Tuytú celebrada onte domingo na praza de San Fernando foi todo un éxito superando as expectativas previstas polos organizadores. Este evento reuniu a máis de mil persoas no corazón do conxunto histórico tudense para disfrutar do mellor da música house e da animación con gogo’s e espectáculos visuais.

 

Tuytú estivo organizada polos locais da zona vella coa colaboración da Concellería de Cultura de Tui que apostan deste xeito polas alternativas de lecer e dan continuidade a esta iniciativa posta en marcha en 2009.

 

A festa house desenvolveuse baixo unha perfecta organización, e sen incidentes, o que permitiu disfrutar aos presentes dun evento ao aire libre nunha noite de domingo ata ás 2 da madruga. A partir desta hora, cando terminou a festa, moitos apostaron por continuar “de marcha” polos diferentes locais da zona vella, aproveitando o festivo local de hoxe luns en moitos concellos ou as vacacións estivais.

 

O gran éxito rexistrado nesta segunda edición fai pensar na continuidade de Tuytú en 2011 nunha clara aposta por este evento por parte dos seus organizadores.