Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Gloria de Antonio analiza a presenza xudea en Tui na segunda conferencias das Xornadas Francisco Sánchez

17/11/2006

GLORIA DE ANTONIO RUBIO ANALIZA A PRESENZA XUDEA EN TUI NA SEGUNDA CONFERENCIA DAS “XORNADAS FRANCISCO SÁNCHEZ”
Será mañá venres 17 de novembro ás 20 h na Área Panorámica

Proseguindo co ciclo de conferencias dedicado á figura do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez maña venres, 17 de novembro, na segunda xornada deste ciclo, a investigadora María Gloria de Antonio Rubio disertará sobre a presenza de xudeus e conversos na cidade de Tui.
Francisco Sánchez era de ascendencia hebrea, o seu pai Antonio Sánchez instalado en Tui procedente da zona de Aragón, foi médico e mesmo contratado polo Cabido da Catedral tudense para atención aos coengos. Esta mesma razón está na súa marcha de Tui e logo de Braga cara terra francesas onde as comunidades xudeas gozaban de menor presión social.

A presenza xudea na nosa cidade é unha constante histórica ao longo da Idade Media e os primeiros tempos da época moderna, deixando abondosas pegadas na historia tudense; cómpre lembrar que no Museo Diocesano podemos contemplar os “sambenitos”, pezas únicas en toda España.

María Gloria de Antonio Rubio é, na actualidade a principal especialista sobre a presenza xudea en Galicia. É doctora en Historia Medieval pola UNED coa tese de doutoramento sobre “Las comunidades judías en Galicia, siglos XI-XV” e ten publicados numerosos artigos e traballos de investigación en revistas galegas, españolas e israelís referidas á temática xudea en Galicia. Na actualidade desenvolve o seu labor de investigación no Instituto de Estudios Galegos “Padre Sarmiento” do Consello Superior de Investigaciones Científicas, ubicado en Santiago de Compostela.

Estas “Xornadas Francisco Sánchez” están organizadas pola Concellería de Cultura do Concello de Tui e contan co patrocinio da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.