Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ghazafelhos presenta a comedia infantil "Frankenstein" o venres ás 20,00 h. no Teatro Municipal

9/02/2011

Ghazafelhos presenta “Frankenstein”

É unha comedia infantil que representarán o venres ás 20h no Teatro Municipal 

As entradas están xa á venda en www.culturatui.info

 

 

Mércores, 9 de febreiro de 2011. O público familiar a partir de 5 anos é o destinatario da comedia infantil que a compañía Ghazafelhos achega este venres ao Teatro Municipal de Tui. A partir das 20h van pór en escena “Frankenstein” escrita e dirixida por Pepablo Patinho.

 

“Frankenstein” é unha obra con grandes escenografías ambientada nos filmes antigos.  Achéganos ata un castelo escuro perdido no medio das montañas. Ata alí chegan a doutora Mon Champignom e o doutor Pe Arrepío que se verán inmersos nunha nova aventura aterradora.  Nesta obra Ghazafelhos parte dun clásico para profundar nas diferenzas que as veces nos fan sentir mal. A obra está protagonizada por Pepablo Patinho, Montse Piñón e Jorge Casas.

 

Ghazafelhos  formouse en 2005 da man de Montse Piñon e Pepablo Patinho. Logo de intepretar obras de monicreques e contacontos decidiron fusionar as dúas experiencias, tamén fixeron pasarrúas, obras de formato medieval... Esta será a primeira vez que actúen no Teatro Municipal de Tui.

 

As entradas para esta representación están xa á venda ata o venres ás 13h na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 20h pódense adquirir no despacho de billetes na Área Panorámica. As entradas teñen un prezo xeral de 3€, e 2€ para os que teñan dereito a algúns dos descontos establecidos como xubilados, estudantes, parados, familia numerosa, discapacitado ou posuidores do carné xove ou do carné máis.

 

 

Ghazafelhos Teatro con “Frankenstein”

Data:  Venres, 11 de febreiro, ás 20h

Prezo das entradas: 3€ - 2€

Venda de localidades: En www.culturatui.info ata o venres ás 13h e no despacho de billetes o venres dende ás 18.30h.

Máis información en: www.culturatui.info ou en www.ghazafelhos.es