Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Far-West Soutelo de Salceda gañou o premio en comparsas e Carrozas en Tui , nun desfile que presenciaron milleiros de personas

6/02/2008

Far-West Soutelo de Salceda gañou o premio en comparsas e Carrozas en Tui

Cantos Somos, que cumpre vinte anos, levouse o primeiro premio en acompañamento musical, o terceiro en carrozas e o quinto en comparsas Martes, 5 de febreiro de 2008 

A Comparsa Far-West Soutelo de Salceda de Caselas con máis dun centenar de compoñentes e cunha recreación  completa do Oeste na que non faltaba detalle levouse o primeiro premio en comparsas no Desfile-Concurso de Entroido en Tui. A comparsas que representou o salón, a barbería, o despacho do sheriff, a dilixencia, que ía acompañada por indios e pola propia cabalería levouse tamén o primeiro premio en Carrozas. En comparsas o segundo premio correspondeu a Revolución Show de Tomiño cun espectáculo de fantasía, plumas, cores e natureza viva.  O terceiro premio foi para Os Piratas do Tripes da Asociación Cultural Alhoia de Pazos de Reis e a Asociación de Discapacitados Vontade que co seu barco pirata lograron tamén o segundo premio en carrozas.  Luces de Tomiño levouse o cuarto premo en comparsas coa súa proposta chinesa na que non faltaba o dragón. E por último o quinto premio en comparsas foi para Cantos Somos de Tui, que cumpre vinte anos, e que recreou as Festas de San Telmo de 1908 cun arco floral, rosquilleiras, banda de música, ... e un palco con gaiteiros que lle valeu o terceiro premio en carrozas, tamén se levou o primeiro premio en acompañamento musical.  En acompañamento musical o segundo premio foi para Os Macanudos de Gondomar, e o terceiro para El Mundo de los cuentos da Asociación Cultural “A Insúa” de Caldelas. Por último o cuarto premio en carrozas foi para o barco dos Piraplatas de Ribadelouro. 

As rúas do circuíto por onde transcorreu o desfile estiveron completamente ateigas de xente, con miles de persoas que presenciaron o pase da comparsas dende as seis da tarde até pasadas ás oito cando se fixo entrega dos premios. En total participaron catorce comparsas e máis de 700 persoas desfilando. A concellería de Cultural quixo recoñecer a fidelidade das comparsas neste Entroido entregando sendas placas a Cantos Somos polos seus vinte anos, a Revolución Show de Tomiño por once anos no Desfile, e a o grupo Scouts Alhoia, Os Macanudos e Luces de Tomiño por dez anos. 

O Entroido despídese o domingo co  Enterro do Bacallau

O Entroido en Tui despídese o próximo domingo co Enterro do Bacallai, que partirá da Praza de San Fernando, ás 19.30 h, percorrendo ás rúas Seixas, Ordóñez e Paseo da Corredoira, onde se fará unha parada no Cantón de Diómedes para ler as coplas, debéndose entregar previamente unha copia á organización, coa cara descuberta, por parte das comparsas que así o desexen. O percorrido do enterro continuará pola Praza da Inmaculada, Augusto González Besada, enlace travesía de Ourense e Aparcamento Municipal, onde se procederá á cerimonia do enterro mediante incineración.