Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición pública e prazo de presentación de alegacións á aprobación inicial da ordenanza da Zona Azul Gratuíta

3/12/2021

No pleno ordinario da corporación municipal de Tui do 25 de novembro aprobouse inicialmente a ordenanza reguladora do estacionamento con horario limitado gratuíto (zona azul gratuíta). 

O texto da ordenanza exponse ao público por un prazo de 30 días, a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, aos efectos de que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que consideren oportunas, en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado polas persoas que teñan a condición de interesadas na páxina web do Concello de Tui e na súa sede electrónica:https://concellotui.sedelectronica.gal/board.

De presentarse reclamacións en prazo, resolveranse expresamente polo Pleno da Corporación. No caso de que non se tivese presentado ningunha reclamación ou suxestión, este acordo elevarase automaticamente a definitivo, entrando en vigor a ordenanza unha vez aprobada definitivamente e publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei Reguladora das Bases do réxime Local.

 Certificado pleno acordo aprobación inicial Ordenanza Zona Azul Gratuíta

 Anuncio aprobación inicial ordenanza Zona Azul Gratuíta