Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A exposición Castelao grafista (facsímile) pode visitarse até o 20 de novembro en Tui

20/10/2022

A Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, acolle até o 20 de novembro a exposición «Castelao grafista (facsímile)». Chega á cidade man de Afundación, a Obra Social de ABANCA, en colaboración co Concello de Tui. 

«Castelao grafista (facsímile)» reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación, debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, retratos fotográficos, caricaturas e debuxos e portadas de revistas.

No acto inaugura, o mércores, 19 de outubro, estiveron presentes Rafael Estévez, alcalde en funcións; Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino e Cultura; José Luis Romero, coordinador institucional de ABANCA en Vigo; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación, xunto a outros membros da corporación municipal tudense. 

A exposición repasa a obra gráfica e o pensamento de Castelao a través de facsímiles das súas obras máis significativas. Presenta 80 debuxos e fotografías. A idea é amosar a Castelao, como crea a un personaxe e coma vai facendo ilustracións cada vez máis críticas e comprometidas. 

A mostra une cultura e solidariedade xa que na mesma se recollen alimentos non perecedoiros que serán doados despois aos Servizos Sociais municipais ou a unha ONG da zona. 

Pode visitarse ata o 20 de novembro na Sala Municipal de Exposicións de Tui,  de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 h, e os sábados de 9 a 13 h.