Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade Tui – Valença presentou esta tarde a súa oferta turística na bolsa de turismo de Lisboa

5/03/2012

O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez,, xunto ao Presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, e o Presidente da Entidade Rexional de Turismo Porto – Norte de Portugal, acompañados dos concelleiros de turismo de ambas cidades, Raquel Lorenzo e Jose Monte respectivamente presentaron estar tarde na BTL – Feira de Turismo de Lisboa a oferta turística da Eurocidade Tui-Valença.

Na súa intervención ambos rexedores insistiron  na oferta complementaria que presentan ambas cidades que combina patrimonio cultural, turismo verde e natural, unha ampla oferta comercial acompañada dunha atractiva gastronomía e que xustifica un desprazamento ata estas cidades.

No acto foi presentado un filme promocional da Eurocidade, cos principais recursos da súa oferta turística, acompañado da degustación de productos típicos destas localidades como o Caldo Verde, os doces conventual, nomeadamente Os Valencianos, Biscoitas Millas, Tartas do Peregrino e os Peixiños de Améndoa xunto aos viños.

A Eurocidade Tui Valença preséntase como un destino apetecible, polo elevado valor histórico da Fortaleza de Valença, que presentou a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade, e pola Catedral / Centro Histórico de Tui clasificado como ben de interese cultural. Valorándose o  feito de que a eurorrexión Galicia Norte de Portugal constitúe un mercado estratéxico polo elevado fluxo de visitantes que aporta. A Eurocidade pretende, deste xeito, promover en termos de divulgación unha consistente ponte de cooperación transfronteiriza de gran relevancia turística e cultural.

A presenza da EuroCidade na BTL séguese ás promocións xa realizadas na Feira de Turismo “Expogalaecia” de Vigo e na FITUR-Feira de Turismo de Madrid.