Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Está en funcionamento a Oficina Virtual Tributaria do Concello de Tui

13/07/2021

Opera as 24 horas dos 365 días do ano permitindo a xestión de tributos sen realizar desprazamentos

O Concello de Tui, a través do departamento de Tesourería, vén de por en funcionamento a Oficina Virtual Tributaria, OVT, accesible dende a web municipal www.tui.gal.  Trátase dun sinxelo sistema que está operativo as 24 horas dos 365 días do ano permitindo realizar os pagos dende calquera dispositivo evitando desprazamentos. 

A concelleira de Facenda, Yolanda Rodríguez, destaca que é a OVT é  unha “ferramenta próxima e intuitiva” para a xestión de tributos, coa que “se achega á administración á cidadanía xa que dende calquera dispositivo, un teléfono móbil, unha tableta ou un ordenador, e cunha tarxeta de crédito, se poderán efectuar os pagos sen ter que desprazarse ben a unha entidade bancaria ou á casa do concello”. 

Á Oficina Virtual Tributaria, OVT, pódese acceder directamente no enderezo tui.ovt.gal ou a través da web municipal www.tui.gal no enlace “Oficina Tributaria”. Deste xeito a cidadanía pode realizar directamente a través da OVT os pagos e autoliquidacións de certificados de servizos prestados,  de procesos selectivos, realizar, consultas, acceder as súas notificacións electrónicas, realizar a alta de vehículos,  entre outros trámites. 

A Oficina Virtual irá incrementando a súa funcionalidade coa incorporación, pouco a pouco, de novos servizos.