Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A escape room “Estrelas” celebrarase o domingo 13 de marzo dentro dos actos do 8M

3/03/2022

A inscrición está aberta ata o xoves 10 cubrindo o impreso dispoñible en www.tui.gal

“Estrelas” é o nome da experiencia de escapismo feminista que se celebrará en Tui o vindeiro domingo 13 de marzo, ás 11 h dende a Praza de San Fernando.

Esta actividade, organizada pola Concellería de Igualdade coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Tui, forma parte do programa organizado entorno ao 8M, Día Internacional das Mulleres.

Tratase dunha actividade na que as persoas participantes terán a misión de dar a coñecer e pór en valor as achegas dalgunhas das mulleres máis importantes da nosa historia como a primeira programadora informática, Ada Lovelace; a primeira cosmonauta, Valentina Tereshkova; a primeira enfermeira en misión humanitaria, Isabel Zendal; a pintora surrealista galega Maruja Mallo ou a escritora recoñecida internacionalmente Agatha Christie, entre outras.

As persoas interesadas poden consultar as bases, descargar a solicitude, e a autorización para menores de idade na web municipal www.tui.gal, no espazo de Igualdade.

A primeira parte do Escape Room consiste nunha busca polas rúas da zona vella na que, coa axuda dun mapa e por equipos, haberá que localizar as pistas necesarias para poder resolver os retos da segunda fase, que terá lugar de maneira grupal na praza de San Fernando. A intuición e o traballo en equipo serán os dous elementos claves para lograr finalizar o reto.

É unha proposta destinada ao público familiar e recomendada para persoas maiores de 9 anos, creando equipos de entre 4 e 5 integrantes. A actividade está organizada pola empresa especializada Territorio Comanche.

Para poder participar, por cuestións loxísticas e de organización, será preciso inscribirse previamente xa que o máximo serán 15 equipos de entre 4 e 5 persoas cada un deles.

As persoas interesadas en participar deberán presentar de xeito telemático (ou presencial) por rexistro de entrada a súa inscrición que será tramitada por orde de entrada e ata completar as prazas. A inscrición pode realizarse dende hoxe mesmo, xoves 3 de marzo, até o xoves 10 de marzo ás 23.59 h, ou até completar o aforo no caso de que este se produza con anterioridade. A listaxe coas persoas participantes será publicada o venres 11 de marzo na web do Concello de Tui e comunicarase por correo electrónico aos grupos seleccionados.

No  caso de que non se chegaran a cubrir ás prazas ofertadas as persoas interesadas poderán inscribirse o día do evento por orde de chegada e ata completar o aforo.

Escape Room Estrelas - Bases de participación

Escape Room Estrelas - Anexo Solicitude e autorización menores