Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

En xaneiro comeza un novo curso para deixar de fumar en colaboración coa AECC

23/11/2021

As persoas interesadas poden inscribirse até o 17 de decembro

Un ano máis o Concello de Tui e a Asociación Española contra o Cancro organizan un curso de Deshabituación Tabáquica. É un programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono do tabaco.

Previo ao comezo do curso, previsto para o 30 de xaneiro, haberá unha entrevista coa terapeuta, e logo desenvolveranse 7 sesións, de hora e media cada unha en horario de tarde. Ofrécese aos participantes apoio técnico, consellos,  compañía e recompensas. Vai dirixido a persoas maiores de 18 anos que desexen deixar de fumar.

As persoas interesadas poden inscribirse até o 17 de decembro nas dependencias de Servicios Sociais, no correo paula.ssociais@tui.gal ou no teléfono 986 60 36 25. Para levar a cabo o curso é preciso contar cun mínimo de 12 persoas inscritas.