Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Emma Pedreira e Maria Teresa Campana gañadoras do concurso de caligramas

20/04/2007

EMMA PEDREIRA E MARIA TERESA CAMPANA GAÑADORAS DO CONCURSO DE CALIGRAMAS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI Tras a correspondente deliberación o xurado do concurso de caligramas convocado pola Biblioteca Pública Municipal de Tui acordou conceder os premios establecidos nas bases do concurso aos seguintes caligramas:-         O  primeiro premio, dotado con 300 Euros, para o caligrama titulado “Máquina” que aberta a plica resultou ser de Emma Pedreira de A Coruña-         O segundo premio, dotado con 200 euros, para o caligrama titulado “Arcos do ceo na noite” que aberta a plica resultou ser de María Teresa Campana de O Rosal.O xurado tivo de elexir as obras gañadoras deste concurso entre os 60 caligramas que foron presentados a esta novidoso concurso convocado pola biblioteca municipal tudense, o único desta temática que se convoca en Galicia. O xurado presidido polo Concelleiro de Cultura contou coa participación da escritora e porfesora de galego no IES San Paio de Tui, Marga Romero, e do técnico da Biblioteca Municipal tudense, Rafael Sánchez Bargiela.Para o responsable da Concellería de Cultura do Concello de Tui esta iniciativa da biblioteca tudense que promovia a realización destes poemas visuais acodou un notable éxito tanto polo número de caligramas presentados ao concurso, como polo nivel de calidade que tiñan moitos dos poemas visuais participantes no concurso como polo número público que ten visitado a exposición organizada cos caligramas, pois máis de 1500 persoas disfrutaron cos caligramas deste concurso. Para Moises Rodríguez Pérez esta proposta da Biblioteca Municipal de Tui reflicte a nova etapa que está a vivir este centro bibliotecario que tenta ofrecer un acceso á información e a cultura ao tempo que promove a dinamización da vida cultural da localidade.Ainda que a intención do Concello tudense de entregar estes premios o vindeiro martes 23 de abril, día do libro, ten de adiarse diante das obrigas laborais da gañadora que impídenlle estar en Tui nesa data. En consecuencia, a entrega de premios efectuarase o vindeiro 17 de maio na feira do libro de Tui.