Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Elefante Elegante volve ao Teatro Municipal de Tui con “Coralinda”

28/10/2026

A proposta é para público familiar este venres 30 ás 19 h

O Teatro Municipal acolle este venres 30 ás 19 h unha nova cita teatral para público familiar con “Coralinda”, un espectáculo da compañía Elefante Elegante.

Os actores María Torres e Pablo Sánchez levarán a escena esta obra de teatro xestual, dirixida por Gonçalo Guerreiro, interpretada ao estilo dos debuxos animados. O espectáculo aborda as temáticas da solidariedade, do racismo e o medo ao que é diferente.

“Coralinda” propón unha ollada cómplice, reflexiva e sensible en relación ás experiencias que viven as persoas que por cuestións de etnia, xénero ou clase social sofren comportamentos discriminatorios. Todo dende unha perspectiva poética, cómica e interactiva.

Con esta obra, que viaxa do realismo á hipérbole, volve a compañía Elefante Elegante a Tui este venres ás 19 h. As entradas están xa á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€.

ENTRADAS