Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Do 16 ao 20 Mostra Filatélica das Letras Galegas

16/05/2008

Mañá inaugurase a Mostra Filatélica Días das Letras Galegas

Será ás 20h na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica

Xoves, 15 de maio de 2008. Mañá venres, 16 de maio, ás 20h, será inaugurada na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica a Mostra Filatélica “Día das Letras Galegas” organizada polo Grupo Filatélico de Tui coa colaboración do Concello de Tui.

Nesta exposición filatélica participarán coleccionistas tanto de Galicia coma de Portugal, segundo explica o Comisario Xeral da Mostra, Carlos Pérez-Fonterosa Antón. Co gallo da mostra realizou un mataselos especial coa efixie de Xosé María Álvarez Blázquez, obra do tudense Martín Rodríguez Álvarez, e se editaron sobre conmemorativos nos que aparece tamén a efixie do escritor homenaxeado este ano o 17 de maio.

Esta Mostra Filatélica “Día das Letras Galegas” conta cun Libro-Catálogo, co saúda do Presidente de Honra da Mostra, Emilio Pérez Touriño, Presidente da Xunta, e doutras autoridades, e recolle asemade diversos traballos de personalidades da cultura galega e de filatélicos.

A exposición permanecerá aberta até o próximo martes 20 de maio.

Mostra Filatélica “Día das Letras Galegas”

-

Inauguración: Venres 16 de maio ás 20h

-

Na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica

-

Permanecerá aberta até o martes 20 de maio

-

Organiza: Grupo filatélico de Tui

-

Colabora: Concello de Tui