Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Día internacional contra a violencia de xénero

7/10/2010

Co gallo da celebración do día 25 de NOVEMBRO, Día internacional contra a violencia de xénero, a Concellería da Muller do Concello de Tui pon en marcha a 3ª edición do concurso fotográfico, HOME/MULLER 100% + e a actividade lúdico-deportiva, MOZOS E MOZAS FAN EQUIPO.

• CONCURSO FOTOGRAFICO HOME/MULLER 100% +

A temática do concurso quere facer fincapé na relación entre a muller e o home, resaltando dunha forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo. . . e dicir, en todos os ámbitos da vida.

No concurso poderán participar todas as persoas físicas maiores de 18 anos residentes en España, sen importar a súa nacionalidade, e nunha categoría especial, as persoas menores de idade que conten con consentimento expreso dos seus titores Legais.

Para mais información das bases do concurso consulta a web www.conceIIotui.org ou chama ao teléf. 986.603625 (Ext. Servicios Sociais).

• MOZAS E MOZOS FAN EQUIPO

Esta actividade consta dun descenso por un tramo do río Miño, de dificultade medio-baixa. O descenso polo río farase en rafting e as embarcacións serán mixtas. A duración aproximada e dunha hora ou hora e media, tempo ao que hai que engadir dúas horas mais para preparación e traslado ao embarque. Esta actividade ofertarase a todos os institutos do concello

• TALLERES DE COEDUCACIÓN PARA ESCOLARES