Designación do Tribunal para contratación laboral temporal dun Oficial para a depuradora municipal
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO EXCMO. CONCELLO DE TUI,
CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, e con esta mesma data, ditouse a seguinte resolución:
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
En relación co proceso selectivo para a contratación laboral temporal DUN OFICIAL PARA A DEPURADORA MUNICIPAL do Concello de Tui, esta Alcaldía-Presidencia no uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, RESOLVE:
1º.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
-Presidente: *D. Ignacio Álvarez Martínez.
-Vocais: *Dna. Ceferina Saa Rodríguez.
*D. José María Melero González.
*D. Jesús Fernández Dios.
-Secretario: *D. José Ángel Fernández Rodríguez.
2º.- Declarar admitidos a tódolos aspirantes presentados.
3º.- Convocar, ó Tribunal e ós aspirantes para o día 10 de xuño de 2011, ás 09:00 horas nas dependencias da Casa Consistorial para a realización do proceso de selección.
E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a oito de xuño de dous mil once.
Visto e Prace
O ALCALDE