Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

"De Africa a Oriente Próximo pasando por Tui" exposición de fotografias na Sala Municipal de Exposicións

10/03/2008


"DE AFRICA A ORIENTE PRÓXIMO PASANDO POR TUI" MOSTRA DE FOTOGRAFIA NA SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓNS DE TUI

 

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle ao longo da vindeira semana, do 10 ao 16 de marzo –coincidindo coa celebración do Festival Internacional de Documentais de Tui Play Doc – una exposición de fotografias que baixo a denominación de: "De África a Oriente Próximo pasando por Tui" reune unha escolma da obras fotográfica dos tudenses Alberto, Ruth e Karol Beltrán.

Nesta exposición poderemos contemplar as fotografias de Ruth Beltran realizadas no arquipélago das Bijagó-Guinea-Bissau, no marco dun proxecto de investigación sobre a existencia do matriarcado naquela área, que contou co financiamento do Ministerio de Educación, Universidades de A Coruña e Vigo, Vicepresidencia da Xunta e Caixanova. Ruth Beltrán ten realizado xa diversas exposicións individuais e colectivas en toda Galicia e ten realizado diversas curtametraxes.

Karol Beltrán, está diplomada en Arte e Deseño polo CityLit College de Londres, nesta cidade na que leva cinco ano ten participado coas súas forografias en actividades de artistas alternativos. As fotografias que expón nesta mostra en Tui forman parte dunha viaxe realizada dende Turquia á India, pasando por Iran e Pakistán. A fotógrafo puido comprobar como a realidade destes paises está alonxada da imaxe que recibimos a través dos medios de comunicación, a súa viaxe "foi, na súas palabras, un distanciamento progresivo da civilización pero tamén un achegamento a unha humanidade máis sinxela e acolledora."

O terceiro do fotógrafos participantes é Alberto Beltrán, cando mozo en Alemaña aprendeu serigrafia artesanal e industrial, e desenvolve a súa actividade profesional neste ámbito. Dende os dez anos posue unha cámara fotográfica e dende os 16 un laboratorio de branco e negro, ainda que na actualidade a súa preferencia é a fotografia dixital, amosandonos nesta exposición unha escolma da súa producción .

O Concelleiro de Cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, agradece o interese deste fotógrafos tudenses por amosar na Sala Municipal de Exposición tudense esta exposición. Deste xeito este espazo cultural continua ofrecendo acollida a iniciativas dos artista locais, patentizando o apoio que a Concellería que promover a este tipo de iniciativas.