Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cursos Programa "Actívate"

24/03/2011

 

CURSOS    PROGRAMA “ACTÍVATE”

 

DESTINATARIOS/AS:

 

Dirixidos a mozos/as de 16 e 35 anos (ambos inclusive), residentes en calquera concello da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes que se adhira ó programa. Tamén poderán cursar a súa solicitude dentro do prazo establecido aquelas persoas que non cumpran o requisito de idade, pasando a formar parte da lista de agarda que será utilizada no caso de que houbese prazas vacantes.

 

CURSOS QUE SE IMPLANTARÁN NO CONCELLO DE TUI:

 

-         Coidado de persoas maiores no fogar

-         Corte e confección.

 

DURACIÓN DOS CURSOS:

 

30 horas por cada curso

 

PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS:

 

As solicitudes faranse a través dun modelo oficial de inscrición, que se poderá recoller nos concellos (no Concello de Tui – Departamento de Servizos Sociais), na Deputación Provincial, na sede de Vigo ou descargar da páxina web,  presentaranse no Rexistro do concello adherido onde o solicitante estea empadroado, Aqueles mozos/as que desexen participar en máis dun curso deberán cubrir un modelo de solicitude por cada un deles.

 

Se algunha persoa presentase a solicitude nun concello no que non estivese empadroado, tamén formaría parte da lista de agarda.

 

No caso de que o número de solicitantes excedese as prazas ofertadas para cada curso, atenderase sempre ó rexistro de entrada (data e número), e terán preferencia as persoas en situación de desemprego sobre as persoas en activo.

 

 

 

O número mínimo de persoas para levar a cabo un curso será de 15 alumnos /as e non excederá dos 30 alumnos /as.

 

DOCUMENTACIÓN REQUERIDA:

 

-         Fotocopia do DNI do participante.

-         Fotocopia da tarjeta de demanda de emprego, se é o caso.

 

PRAZOS DE PRESENTACIÓN:

 

Ata o 12 de XULLO

 

COLABORACIÓN:

 

Deputación Provincial de Pontevedra, Área de Acción Social.