Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cursos do programa actívate da Deputación de Pontevedra

17/11/2010

CURSOS DO PROGRAMA ACTÍVATE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Concelleira de Servizos Sociais, Patricia Ricón, informa que hoxe tivo comezo, no Centro de Formación Ocupacional do Concello, un curso de Cociña e Repostería, que a Deputación de Pontevedra desenvolve  dentro do Programa Actívate.

O curso terá unha duración de 30 horas e nel participarán 15 mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos.

Por outra banda, o pasado día 10, rematou o Curso de Corte e confección, impartido tamén dentro do Programa Actívate da Deputación de Pontevedra no Centro de Formación Ocupacional.