Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cursos de preparación para o Celga 3 e Celga 4 no Centro de Formación

12/01/2012

CURSOS DE PREPARACIÓN PARA O CELGA 3 E CELGA 4 ORGANIZADOS POLO CONCELLO DE TUI

 

 

O Centro de Formación do Concello de Tui, abre listaxe para persoas interesadas en realizar cursos de preparación para a obtención dos diplomas CELGA 3 e CELGA 4 de galego.

 

Os cursos están previstos en períodos de 2:30 horas diarias, durante 30 días continuados, en horario de mañá (10:30 a 13:00) ou tarde (19:00 a 21:30), segundo sexa o interese dos grupos.

 

Desenvolveranse entre o 19 de marzo e 4 de maio.

 

Para máis información e inscricións, deben acudir ao Centro de Formación do Concello de Tui, en Guillarei, con unha fotocopia das dúas caras do DNI, NIE ou pasaporte, en horario de 8:00 a 15:00 h., de luns a venres.

 

O prazo de inscrición remata o 25 de xaneiro.