Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación tudense celebra pleno este xoves ás 20h con carácter ordinario

24/10/2017
Casa do

A corporación municipal de Tui celebra este xoves,ás 20h,  pleno de carácter ordinario con dez puntos na orde do día. 

Na parte resolutiva da sesión figuran cinco puntos

1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta da sesión anterior ordinaria nº 8/2017 de 28 de setembro.

2º.- Expediente 2480/2017. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de crédito extraordinario nº 6/2017 (Modificación de créditos 33/2017).

3º.- Expediente 2481/2017. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de Suplemento de Crédito 2/2017 (Modificación de créditos 34/2017).

4º.- Expediente 2479/2017. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de Recoñecemento Extraxudicial de créditos 3/2017.

5º.- Mocións de Urxencia.

Mentres na actividade de control

6º.- Dación de conta das resolucións de Alcaldía de 19/10/2017 de nomeamento de membros da Xunta de Goberno Local e delegacións na mesma, nomeamento de Tenentes de Alcalde e delegacións da Alcaldía.

7º.- Disposicións de interese.

8º.- Dación de conta resolucións dende a nº 2017-1204 de 25/09/2017 ata a nº 2017-1365 de 20/10/2017.

9º.- Dación de conta do escrito de incorporación da concelleira María Jesús Da Silva Fernández ao Grupo Mixto (RE nº 9015 - 28/09/2017).

O pleno rematará co punto décimo de Rogos e Preguntas. 

Ver Orde do Día