Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario mañá xoves, 29 de xullo

28/07/2021

A corporación municipal de Tui celebrará mañá xoves, 29 de xullo de 2021, ás 20 h sesión plenaria, nº 4/2021, correspondente ao presente mes de xullo. A sesión retransmitirase en director a través da Radio Municipal de Tui.

Orde do día: 

A) Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior 3/2021 celebrada o día 27/05/2021.

2º.- Toma de razón de escrito de renuncia da concelleira Maria del Pilar Besada Barahona (RE 2021-E-RC-4991) de 06/07/2021, e que se remita á Xunta Electoral Central para a remisión da credencial do correspondente concelleiro electo da lista que corresponda (Alejandro Manuel Carrera Barreira).

3º.- Expediente 957/2021. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/07/2021, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 14/06/2021, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras contidas no “Proxecto básico e de execución de rehabilitación de vivenda unifamiliar” sito na rúa Antero Rubín, 16.

4º.- Expediente 1590/2020. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/07/2021, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 14/06/2021, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras contidas no “Proxecto básico e de execución de rehabilitación integral de vivenda unifamiliar entre medianeiras” sito na rúa Cuenca, 23.

5º.- Expediente 937/2021. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/07/2021, favorable á proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 20/05/2021, relativa á bonificación de ICIO por obras de afectado pola explosión de Paramos (ID 379).

6º.- Expediente 1378/2021. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/07/2021, favorable á proposta da Alcaldía, de data 15/07/2021 de rectificación puntual do Inventario Xeral e do Patrimonio do Concello de Tui para incorporación de parcela cedida pola Entidade Local Menor de Pazos de Reis para a construcción do novo centro escolar de Pazos de Reis.

7º.- Expediente 655/2018. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/07/2021, favorable á proposta da Alcaldía, de data 08/07/2021 de posta a disposición á Consellería de Educación do terreo con destino á construción do novo centro escolar de Pazos de Reis.

8º.- Expediente 972/2021. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/07/2021, favorable á proposta do concelleiro delegado de Servizos Sociais e Medio Ambiente, de data 19/07/2021, de adhesión na "Red Estatal de Entidades Locales por el Compostaje Doméstico y Comunitario".

9º.- Expediente 1460/2021. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/07/2021, favorable á proposta da Alcaldía, de data 19/07/2021, de aprobación inicial de Ordenanza reguladora das axudas á Rehabilitación de Edificios e Vivendas no ámbito da área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui.

10º.- Expediente 1448/2021. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/07/2021, favorable á proposta da Alcaldía, de data 19/07/2021, do Convenio de colaboración co Concello de Salvaterra para a contratación do alugeiro dunha embarcación turística no marco do proxecto 0686_MINO_DESTINO_NAVEGABLE_1_E (INTERREG V-A España-Portugal 2014- 2020 (POCTEP) FEDER ).

11º.- Expediente 365/2020. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/07/2021, favorable á proposta da Alcaldía, de 09/07/2021, relativo ao acordo sobre o novo texto do “Convenio entre la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. y el Ayuntamiento de Tui, para la Ejecución, Entrega, Mantenimiento y Conservación de las obras del proyecto de construcción de una Pasarela Peatonal en la Desembocadura del río Louro” e aprobación do proxecto de construción.

12º.- Expediente 658/2021. Ditame da Comisión informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de data 22/07/2021, favorable á proposta da Alcaldía, de data 16/07/2021, relativa á aprobación do expediente de contratación de servizos, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da prestación consistente no “Servicio de ayuda en el hogar. Prestación básica y dependencia (SAF)”.

13º.- Expediente 1409/2021. Ditame da Comisión informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de data 22/07/2021, favorable á proposta da Alcaldía, de data 19/07/2021, relativa á aprobación do expediente de contratación de servizos, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da prestación consistente no “Contrato de servizos de limpeza de dependencias”.

14º.- Ditame da Comisión informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de data 22/07/2021, favorable á proposta do Sr. Jose Manuel Palacín Rodríguez de asunción do escrito da Asociación Trans Miño de apoio ás persoas LGTBIQ+.

15º.- Expediente 809/2021. Proposta da Concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 05/07/2021, relativa á aprobación da Conta Xeral do Exercicio 2020, así como os Estados e Contas anuais anexos á mesma.

B) Actividade de control:

16º.- Expediente 764/2021. Dación de conta información morosidade - PMP 1º trimestre 2021.

17º.- Expediente 762/2021. Dación de conta información execución trimestral 1º trimestre exercicio 2021. Comunicación información LO 2/2012.

18º.- Expediente 188/2020. Dación de conta do informe de Intervención de data 25/03/2021, relativa aos reparos emitidos pola Intervención municipal durante o exercicio 2020.

19º.- Expediente 2705/2019. Dación de conta da resolución do Tacgal pola que se estima parcialmente o recurso interposto por PRACE, SERVICIOS Y OBRAS S.A. e SOGESEL DESARROLLO Y GESTIÓN S.L. contra a adxudicación da contratación da "concesión de obra pública para la redacción de proyecto, construcción y subsiguiente explotación de un aparcamiento subterráneo entre las calles Orense y Compostela(...)".

20º.- Dación de conta de resolucións da Alcaldía de nº 723 de 21/05/2021 ata o nº 1084 de 23/07/2021.

C) Rogos e preguntas:

21º.- Rogos e preguntas.

 Convocatoria sesión nº 4/2021 de pleno ordinario do xoves, 29 de xullo de 2021