Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal de Tui celebra este xoves o derradeiro pleno do ano

26/12/2017

A corporación municipal de Tui celebra este xoves o derradeiro pleno do ano. Será ás 20h no salón de sesións da casa do concello con 11 puntos na orde do día.

a).- Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, de borradores das actas das sesións anteriores ordinaria nº 12/2017, de 30 de novembro, e extraordinaria nº 13/2017, de 12 de decembro.

2º.- Expediente 928/2017. Ditame da comisión informativa de urbanismo, contratación, obras e servizos relativa a requirimento de documentación ao licitador que presentou oferta economicamente máis vantaxosa na contratación, por procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración, do Servizo de Limpeza Viaria do Concello de Tui. Contrato suxeito a regulación harmonizada

3º.- Dación de conta de escritos presentados polos voceiros dos grupos políticos municipais Alternativa Tudense, BNG e Grupo Mixto sobre membros das comisións informativas permanentes e proposta de Alcaldía de data 21/12/2017.

4º.- Proposta de Alcaldía de designación de representantes no Consello de Goberno da Radio-Televisión municipal de Tui.

5º.-Mocións de Urxencia

B).- Actividade de control:

6º.- Disposicións de interese.

7º.- Dación de conta das resolucións de Alcaldía dende a nº 2017-1366 de 23/10/2017 ata a nº 2017-1506 de 24/11/2017, así como dende a nº 2017-1507 de 27/11/2017 ata a nº 2017-1620 de 21/12/2017.

 8º.- Posta en coñecemento de Resolución de Alcaldía de data 26/10/2017, relativa a Información custo efectivo dos servizos no Concello de Tui exercicio 2016.

9º.- Posta en coñecemento de informes trimestrais. Morosidade-Lei 15/2010. Período Medio de Pago. 3º trimestre 2017.

10º.- Posta en coñecemento de Informe Execución Trimestral 3º trimestre exercicio 2017.

C).- Rogos e preguntas:

11º.- Rogos e preguntas.

Ver convocatoria.