Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal de Tui celebra este xoves, 31 de marzo, pleno ordinario

29/03/2022

A corporación municipal de Tui celebra sesión plenaria de carácter ordinario o xoves, 31 de marzo de 2022, ás 20 h con 29 puntos na orde do día: 

Orde do día: 

A) Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior núm. 1/2022 do 27/01/2022.

2º.- Toma de posesión de Alejandro Manuel Carrera Barreira á vista da credencial remitida pola Xunta Electoral Central (2021-E-RC-6155 do 23/08/2021).

3º.- Expediente 515/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 24/03/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 14/03/2022, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos 11/2022 - Suplemento de Créditos nº 1/2022.

4º.- Expediente 601/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 24/03/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 18/03/2022, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos 12/2022 - Crédito Extraordinario 1/2022.

5º.- Expediente 615/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 24/03/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 18/03/2022, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos 13/2022 - Suplemento de Créditos 2/2022.

6º.- Expediente 480/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 24/03/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 21/03/2022, de aprobación de expediente nº 2/2022 de recoñecemento extraxudicial de créditos.

7º.- Expediente 227/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 24/03/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 08/02/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "mantemento de cuberta e piso" no inmoble sito na rúa Monxas, 5.

8º.- Expediente 328/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 24/03/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 04/03/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "colocación de pavimento en interior de bodega" no inmoble sito na rúa San Telmo, 7 B.

9º.- Expediente 481/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 24/03/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 18/03/2022, relativa a cesión de uso/posta a disposición da Consellería de Turismo – Axencia de Turismo de Galicia – dos terreos necesarios para acometer as obras consistentes na “Rehabilitación da Cárcere Vella de Tui” (Fondos Next Generation).

10º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 24/03/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 21/03/2022, de levantamento de reparo suspensivo á proposta de reaxuste de anualidades de axudas concedidas para a reparación de danos en vivendas afectadas pola explosión de material pirotécnico en Paramos.

11º.- Expediente 1490/2019. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 24/03/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 21/03/2022, relativa ao reaxuste das anualidades da axuda concedida para a reparación de danos en vivendas afectadas pola explosión de material pirotécnico en Paramos (ID 222).

12º.- Expediente 1420/2019. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 24/03/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 21/03/2022, relativa ao reaxuste das anualidades da axuda concedida para a reparación de danos en vivendas afectadas pola explosión de material pirotécnico en Paramos (ID 277).

13º.- Expediente 1450/2019. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 24/03/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 21/03/2022, relativa ao reaxuste das anualidades da axuda concedida para a reparación de danos en vivendas afectadas pola explosión de material pirotécnico en Paramos (ID 379).

14º.- Expediente 1491/2019. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 24/03/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 21/03/2022, relativa ao reaxuste das anualidades da axuda concedida para a reparación de danos en vivendas afectadas pola explosión de material pirotécnico en Paramos (ID 78).

15º.- Expediente 1495/2019. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 24/03/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 21/03/2022, relativa ao reaxuste das anualidades da axuda concedida para a reparación de danos en vivendas afectadas pola explosión de material pirotécnico en Paramos (ID 73).

16º.- Expediente 1496/2019. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 24/03/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 21/03/2022, relativa ao reaxuste das anualidades da axuda concedida para a reparación de danos en vivendas afectadas pola explosión de material pirotécnico en Paramos (ID 276).

17º.- Expediente 2165/2019. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 24/03/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 21/03/2022, relativa ao reaxuste das anualidades da axuda concedida para a reparación de danos en vivendas afectadas pola explosión de material pirotécnico en Paramos (ID 201).

18º.- Expediente 928/2017. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 24/03/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 23/03/2022, relativa á prórroga de mutuo acordo do contrato do servizo de limpeza viaria coa empresa GEASER, S.L.”. Proposta de Alcaldía de data 28/03/2022.

19º.- Expediente 438/2022. Ditame da Comisión Informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deporte de data 24/03/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 21/03/2022, de aprobación da adhesión do Concello de Tui ao convenio subscrito entre a FEMP e a SGAE. 

20º.- Expediente 560/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 24/03/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 21/03/2022, de aprobación inicial de rectificación puntual do Inventario de Vías e Camiños para a rectificación do activo PE01042.

21º.- Expediente 2043/2020. Proposta de Alcaldía, de data 28/03/2022, relativa a solicitudes de rectificación puntual do Inventario de Vías e Camiños.

22º.- Expediente 673/2022. Proposta de Alcaldía, de data 28/03/2022, de aprobación do “Plan de prevención, detección, corrección y persecución del fraude del Excmo. Ayuntamiento de Tui”.

23º.- Mocións de urxencia.

B) Actividade de control:

24º.- Expediente 41/2021. Dación de conta do informe de Intervención de data 28/03/2022 de información relativa aos reparos interpostos no exercicio 2021, en cumprimento do disposto no artigo 2º.3 da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sostenibilidade da Administración Local.

25º.- Expediente 422/2022. Dación de conta da aprobación da liquidación do orzamento do Concello de Tui para o ano 2021.

26º.- Expediente 565/2022. Dación de conta do Plan Orzamentario 2023-2025 a medio prazo do Concello de Tui.

27º.- Dación de conta das subvencións e disposicións de interese dos meses de febreiro e marzo de 2022.

28º.- Dación de conta das resolucións de Alcaldía de núm. 77, de 24/01/2022 ata o núm. 529, de 25/03/2022.

C) Rogos e preguntas:

29º.- Rogos e preguntas.

 Convocatoria sesión plenaria 2/2022 do xoves, 31 de marzo de 2022 (pdf)