Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria e bases para a concesión de dúas bolsas de colaboración para a Oficina de Información Turística do Concello de Tui

21/03/2011

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ SECRETARIA DO  EXCMO. CONCELLO DE TUI,

CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte:

 

                 RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

 

 Concedida ao Concello de Tui unha subvención paraBolsas de Colaboración para as Oficinas de Turismo no Concello de Tui, para o ano 2011, polo Organismo Autónomo Local “Turismo Rías Baixas” mediante Acordo de data 25 de xaneiro de 2011, de conformidade cos bases de convocatoria publicadas no BOP  nº 209 de data 29.10.2010,  

       En uso das competencias que en materia de persoal, me veñen atribuidas pola normativa vixente, RESOLVO:

Aproba-la convocatoria e bases reguladoras para a concesión de dúas bolsas de colaboración para a Oficina de Información Turística do Concello de Tui. En virtude do anterior apróbanse as seguintes bases que terán que someterse as persoas interesadas para poder optar á bolsa correspondentes deste Concello.

              1ª.- O obxecto da convocatoria é a concesión deDÚAS BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA REALIZAR TAREFAS DE INFORMACIÓN NA OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE TUI, durante un período de 8 meses,para realizar as labores propias dunha Oficina de Promoción Turística no Concello de Tui.

 

               2ª.- O/a adxudicatario/a da mesma, serán destinados a Concellería de turismo do Concello de Tui e as súas prácticas desenrolaranse en horario a determinar por este Concello, segundo as necesidades do devandito servizo, consistirá en proporcionar ós turistas e viaxeiros que o soliciten información turística no referente a aloxamento, trans­porte, gastronomía, e demais materias propias dunha Oficina de Información Turística. O período de realización das bolsas poderá ser discontínuo, dependendo das necesidades do mesmo, de conformidade co disposto na base cuarta das bases reguladoras da concesión das bolsas.

 

3ª.- A condición de bolseiro/a en virtude da convocatoria non xerará ningún tipo de relación de carácter laboral, funcionarial ou contractual co Concello de Tui, nin implicará en consecuencia ningún compromiso para unha posterior vinculación ou incorporación posterior de dito bolseiro/a no Concello de Tui. Os titulares das bolsas serán única e exclusivamente beneficiarios dunha subvención para a obtención da debida formación profesional, sen que exista relación de servizos profesionais co Concello de  Tui. A concesión da devandita beca tampouco dará lugar á inclusión dos bolseiros/as no Réxime Xeral da Seguridade Social .O bolseiro/a terá a obriga de aceptar por escrito as normas e obrigas establecidas nestas bases. O bolseiro/a xustificará documentalmente o cumprimento de tódolos requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

 

 Cada bolsa de colaboración terá unha duración máxima de 8 meses, con un total de 1120 horas, a razón de 140 horas mensuais, a contar dende a data de incorporación do bolseiro no horario que se determine, segundo as necesidades do servizo, sen prexuizo de xornadas especiais que puideran establecerse por acontecementos relacionados coa promoción turística do Concello de Tui, polo que se vería alterado o horario prefixado. O importe da referida bolsa de colaboración terá unha contía de 1050.-€ brutos mensuais. Cada bolseiro/a presentará ao Concello de Tui, antes da finalización da bolsa, unha memoria explicativa das labores realizadas na Oficina de Información Turística do Concello de Tui, na que se recolla unha referencia aos traballos realizados, unha valoración dos recursos turísticos ofertados, demandas dos turistas, deficiencias dos servizos e propostas de accións de mellora da oferta turística, quedando supeditado o abono da última mensualidade a presentación da mesma. Así mesmo os bolseiros estarán obrigados a facilitar canta información lles sexa requerida pola Administración en relación a actividade realizada.

Asemade, estableceránse criterios de uniformidade e dotarase a cada bolseiro/a do vestiario correspondente, coa finalidade de unificar a imaxe de todos os bolseiros das oficinas de información turística da provincia e cuxa utilización é de obrigado cumprimento.

Así mesmo os bolseiros/as deberán asistir aos cursos de formación cuxa asistencia considere obrigatoria o O.A.L Turismo Rías Baixas.

En caso de renuncia do bolseiro/a, ésta deberá ser comunicada por escrito e cunha antelación mínima de 15 días.

  4ª.- Os aspirantes terán que estar en posesión  dos seguintes requisitos:

1.- Deberá ser membro dun país da Unión Europea e residente en España.

2.- Poseer capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

3.-  Ser maior de  16 anos, e  non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

4.- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio a calquera das  

  Adminsitracións públicas, organos constitucionais ou estatutarios das CCAA, nin atoparse

  inhabilitado para o exercicio de funcións públicas de conformidade co disposto no art.56.1

  da Lei 7/2007.

5.- Estar en posesión do Título de Diplomado en Turismo ou do de Técnico Superior de Información e Comercialización Turística. A titulación deberá ser, cando menos, obtida no ano 2002 ou con posterioridad a esta data. Os títulos obtidos no extranxeiro ou en centros españois non estatais deberán ser validados ou recoñecidos.

6.-Ter abonado as tasas correspondentes por dereitos de exame, de conformidade coa ordenanza reguladora, durante o prazo de presentación de instancias. O non aboamento en prazo determinará a exclusión definitiva dos aspirantes.

A selección realizarase  tendo en conta a necesaria cumprimentación dos principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade, publicidade e concorrencia, promovendo a selección entre os candidatos que cumpran as condicións esixidas na presente convocatoria.

 

Os/as interesados/as poderán presenta-la seguintedocumentación no Rexistro Xeral do Concello durante o prazo de 5 días hábiles, contados dende o día seguinte á aparición do anuncio no medio de prensa que se determine, en horario de rexistro de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres e de 9:00 a 13:00 horas os sábados, así como no xeito indicado no artigo 38 da Lei 30/1992; no caso de presentar a solicitude nun rexistro distinto do xeral do Concello, deberá adiantar via fax ao nº 986 60 41 48, ainstancia de participación o mesmo día da súa presentación:     

 

       1.1.- Solicitude segundo modelo aprobado polo concello a proporcionar polo mesmo.

       1.2.-Fotocopia compulsada do D.N.I.

       1.3.-Título ou Certificación do Centro onde se realizaron os estudios, e certificación das

            cualificacións obtidas.

     1.4.-Certificación de títulos de idiomas de centros homologados.

      1.5.-Fotocopia compulsada dos diplomas obtidos pola realización dos cursos especializados en temas de turismo, en centros recoñecidos nacionais ou estranxeiros.

       1.6.-Copia do xustificante de abono da taxa por dereitos de exame.

 

            5ª.-  Toda a documentación referida anteriormente presentarase xunta coa instancia. O méritos deberán estar suficientemente acreditados, con referencia a data como máximo en que remate o prazo de presentación de instancias e os documentos terán que estar debidamente compulsados. Tódolos méritos deberán acreditarse necesariamente mediante a presentación dos títulos oficiais correspondentes. Os méritos non xustificados documentalmente ou insuficientemente xustificados non serán obxecto de valoración por parte do Comité de Selección.

 

             6ª.-  Selección dos Bolseiros:

A selección realizaráse por un Comité de Selección, formado por cinco membros. A selección terá dúas fases:

 

1ª fase:  Valoración de méritos  segundo o seguinte baremo: (máximo 10 puntos, neste apartado). Esta fase suporá o corenta por cento da puntuación total do proceso de selección.

 

A)    Expediente académico: Neste apartado valorarase a nota media obtida para a obtención do título correspondente, ata un máximo de 5 puntos, conforme ao seguinte baremo:

● Expediente académico dos Diplomados en Turismo, tendo en conta a nota media:

 

a)      Matrícula de honra: 5 puntos.

b)      Sobresaínte: 4 puntos.

c)      Notable: 3 puntos.

d)      Ben: 2 puntos.

e)      Aprobado: 1 punto.

 

          ● Expediente académico para os Técnicos Superiores de Información e Comercialización:

 

a)      Matrícula de honra: 2,5 puntos.

b)      Sobresaínte: 2 puntos.

c)      Notable: 1,5 puntos.

d)      Ben: 1 puntos.

                             e)    Aprobado: 0,5 puntos

 

B)    Por ter asistido a cursos de formación e perfeccionamento impartidos en Centros Oficiais, Universidades, Colexios Oficiais ou Escolas de Administración Pública relacionadas coas materias obxeto desta convocatoria (puntuación máxima 2 puntos), de conformidade co seguinte baremo:

 

▪Master ou Postgrado (relacionado co sector turístico)................................................... 1 punto.

▪Cursos con duración por Horas:

100 ou mais horas..................................... 0,25 puntos.

De 60 a 99 horas....................................... 0,20 puntos.

De 30 a 59 horas....................................... 0,15 puntos.

De 10 a 29 horas....................................... 0,10 puntos.

9 ou menos horas..................................... 0,05 puntos.

 

▪Cursos con duración por Créditos:

10 ou máis creditos................................... 0,25 puntos.

De 6 a 9 créditos....................................... 0,20 puntos.

De 3 a 5 créditos....................................... 0,15 puntos.

De 1 a 3 créditos....................................... 0,10 puntos.

No suposto de que non se acredite a duración dos cursos serán valorados a razón de 0,05 puntos.

 

C)    Coñecemento de Idiomas: (puntuación máxima de 2,50 puntos) e serán computables un máximo de dous idiomas, a rázón de un máximo de 1,25 puntos cada idioma.

No caso de que os cursos de idiomas sexan valorados polo número de horas, aplicarase o baremo dos cursos.

No caso de que os cursos de idiomas sexan dunha Escola de Idiomas o baremo será o seguinte:

 

▪Nivel Basico: 0,75 puntos.

▪Nivel Medio: 1 punto.

▪Nivel Avanzado: 1,25 puntos.

 

D)    Coñecemento acreditado do idioma galego: ata un máximo de 0,50 puntos (no caso de ter varios cursos terase en conta só o de maior puntuación):

 

   ▪Curso de iniciación ou Celga 3..................... 0,25 puntos.

   ▪Curso de Perfeccionamento ou Celga 4....... 0,50 puntos.

  

  

       2ª fase).- Realización dunha  proba escrita que versara sobre coñecementos xerais  relacionados coas funcións a desenvolver no posto de información turística no Concello de Tui e o seu entorno, así como coñecementos xerais sobre turismo de Galicia.

Esta proba puntuarase entre   e  6  puntos. Sendo eliminados os aspirantes que non acaden un mínimo de tres puntos. (Esta fase suporá un sesenta por cento da puntuación total do proceso de selección).

 

O  Comité de selección estará constituído da  maneira que prescribe o artigo 60.2 da Lei 7/2007 de 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado Público. E de conformidade co disposto nas Bases da Subvención, poderá ser nomeado un Técnico de Turismo, do  O.A.L Turismo Rías Baixas, que cumpra coa condicións que para a constitución dos tribunais de selección establece a normativa vixente.

 

Rematado o prazo de presentación de instancias no Taboleiro de Edictos, farase pública a composición así como lugar e data  de constitución do Comité de Selección e igualmente a data, e lugar no que se celebrara a proba relacionada coa presente selección. así como a composición do tribunal.

 

Rematado o proceso de selección, publicarase no Taboleiro de Edictos do Concello a relación co o resultado da selección. Propoñendo aos aspirantes adxudicatarios das bolsas a favor das persoas que, unha vez aplicado o baremo de meritos e realizada a proba obteñan a maior puntuación. O Alcalde, a vista da proposta formulada polo Comité de Selección, resolverá a axudicación das bolsas.

 

No caso de que se produzca a renuncia por parte dalgunha persoa que resulte adxudicataria das bolsas, o Alcalde procederá ao nomeamento do seguinte aspirante que obtivese maior puntuación, polo tempo que reste ata a finalización do periodo de duración da bolsa, reducíndose proporcionalmente a contía da bolsa, e procedéndose do mesmo xeito en renuncias consecutivas.

 

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde acctal., en Tui, a  dezaoito de marzo de dous mil once.

 

Visto e Prace

     O ALCALDE 

 

Prazo de presentación de instancias 5 días hábiles. (21/03/2011 ata o 25/03/2011 ámbolos dóus inclusive).

 

A solicitude de participación no proceso pode descargarse na sección outros da web ou na seguinte ligazón www.concellotui.org/archivos/documentos_33_o.pdf