Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria e bases do proceso de selección para a contratación temporal de persoal para impartir clases de Ensinanzas Musicais no Conservatorio Profesional e/ou na Escola de Música de Tui

14/09/2010

DONA CEFERINA SAA RODRÍGUEZ, SECRETARIA ACCTAL. DO CONCELLO DE TUI,

CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución:

 

 

 “DECRETO DA ALCALDÍA.- En uso das competencias que en materia de persoal, me veñen atribuídas pola normativa vixente, RESOLVO:

 

Aproba-los seguintes criterios para a contratación temporal de persoal para impartir clases de Ensinanzas Musicais no Conservatorio Profesional e/ou na Escola de Música de Tui:

 

PRIMEIRO.- O obxecto das presentes bases é proceder á selección de persoal para a súa contratación laboral, temporal e a tempo parcial, ó abeiro da normativa reguladora dos contratos de traballo de duración determinada, -na modalidade de interinidade, para impartir clases no Conservatorio e/ou Escola de Música de Tui da materia e instrumento que a continuación se menciona: un Profesor/a de Trompeta e outras asignaturas (17 horas semanais). A contratación se xustifica na situación de incapacidade temporal do titular da praza, cesando o aspirante seleccionado cando se produza a incorporación do titular da praza ou en todo caso cando finalice o curso escolar 2010/2011 do Conservatorio Profesional/Escola de Música.

 

SEGUNDO.- As retribucións serán as que figuran consignadas no Orzamento Municipal.

 

TERCEIRO.-  O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

 

CUARTO.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: Unha vez aprobadas as presentes bases, a convocatoria publicarase no Taboleiro de Edictos do Concello e nun Diario de difusión de ámbito provincial, podendo presenta-los interesados as súas solicitudes durante 5 días naturais, dende ó día seguinte ó da publicación do anuncio, no Rexistro de Entrada do Concello de Tui en horario de 9 a 14, horas os días hábiles agás o sábado que será de 9 a 13 horas. Poderánse tamén presentar de conformidade co disposto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, e de presentarse noutros rexistros, deberá enviarse copia da solicitude por fax ao número 986 60 41 48, o mesmo día da súa presentación.

 

Nas instancias se solicitará presentarse ó proceso selectivo do posto de traballo correspondente, facéndose constar que se reúnen, con referencia á data na que expire o prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

 

1.- Ter nacionalidade española, sen prexuizo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril.

2.- Posuir capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

3.- Ser maior de dezaseis anos, e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

4.- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das Administracións Públicas, órganos  constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas,  nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas de conformidade co disposto no artigo 56.1 da Lei 7/2007. de 12 de abril.

5.- Estar en posesión do Título superior de Trompeta, do Título medio de Trompeta (plan de estudos Decreto 2618/1966) ou título profesional de Trompeta (LOE/LOGSE).

6.- Ter ingresado na conta da Tesourería do Concello de Tui, durante o prazo de presentación de instancias e ata o día seguinte ao remate do mesmo, o importe en concepto de dereitos de exame segundo o disposto na ordenanza reguladora correspondente.

 

Coa solicitude, deberá aportarse a documentación acreditativa dos méritos alegados, debidamente compulsados, puntuando tan so os que mais abaixo se indican. Se o tribunal considera que a xustificación dos méritos alegados non é bastante e é susceptible de subsanación, procederase a instar á acreditación necesaria ó interesado, quen deberá achega-la nun prazo máximo de tres días.

 

QUINTO.- PUBLICIDADE DA LISTA DE ADMITIDOS: Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. Alcalde, mediante resolución aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos. Dita resolución será definitiva de non haber excluídos, e será exposta no taboleiro de anuncios do Concello, así como na páxina web do mesmo ( http://www.concellotui.org/ ), relacionándose os aspirantes excluídos coa indicación da causa de exclusión. Nesta resolución incluirase a composición do tribunal, o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de tres días hábiles para reclamacións e corrección das deficiencias sinaladas. Estas reclamacións e correccións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que publicarase na mesma forma. Contra a resolución na que se declare a exclusión definitiva do aspirante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que dictou o acto, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Xurisdicción Contenciosa-Administrativa, contados a partir do día seguinte da publicación no Taboleiro de anuncios do Concello de Tui.

SEXTO.- MEMBROS DO TRIBUNAL:

 

Determinaránse de conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 7/2007 de 12 de abril.

 

Poderanse designar asesores, con voz pero sen voto para asistir ao Tribunal no desenvolvemento do proceso de selección.

 

O Tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas e adoptar as decisión que estime axeitadas en orde o desenvolvemento do proceso.

 

SÉPTIMO.- PROCESO DE SELECCIÓN: Concurso- Oposición.

 

FASE DE CONCURSO: (puntuación máxima de 4 puntos).

 

En primeiro lugar o tribunal procederá a avaliar os méritos conforme o seguinte baremo:

 

1) Experiencia docente: 0,10 puntos por mes completo ata un máximo de 1,50 puntos. Tan só puntuará as clases realizadas en Conservatorios Profesionais, sendo necesario acreditar tal circunstancia cunha copia do correspondente contrato e vida laboral. As fraccións inferiores ó mes non se computarán.

 

2)Títulos oficiais superiores relacionados coa materia do contrato, 0,50 puntos por título, ata un máximo de 1 punto.

 

3)Coñecemento de galego: Coñecemento de lingua galega, ata un máximo de 0,50 puntos, de conformidade co seguinte baremo:

-Certificado de CELGA 1 ...................................................................... 0,10 puntos.

-Certificado de CELGA 2 ...................................................................... 0,20 puntos.

-Certificado de CELGA 3 ou iniciación ................................................. 0,30 puntos.

-Certificado de CELGA 4 ou perfeccionamento ....................................0,40 puntos.

-Certificado de CELGA 5 ou cursos de especialización de galego ...... 0,50 puntos.

Unicamente valorarase o curso de maior puntuación acreditado.

 

4)Cursos relacionados coas materias do contrato (só puntuarán os cursos de mais de 19 horas acreditadas), ata un máximo de 1 punto.

                  -Cursos de 20 a 50 horas, 0,10 puntos por curso.

                  -Cursos de 51 a 100 horas, 0,20 puntos por curso.

                  -Cursos de 101 a 200 horas, 0,40 puntos por curso.

                  -Cursos de mais de 201 horas, 0,50 puntos por curso.

 

Con carácter xeral especificase que só se valorarán os cursos e méritos relacionados con instrumentos ou materias que sexan as propias ás que se aspira a dar clases impartidos polas administracións públicas, sindicatos, universidades, conservatorios, Servizo Público de Emprego ou colexio profesional e relacionados coas funcións a desenvolver, a xuízo do Tribunal. Non serán valorables as xornadas, seminarios, encontros, conferencias, premios, concursos… e demais actos que non teñan un carácter especificamente docente. Os cursos nos que non apareza recollido o número de horas, non serán valorados.

 

FASE DE OPOSICIÓN: (puntuación máxima nesta fase 6 puntos).

 

a) Primeiro exercicio: Obrigatorio e eliminatorio de carácter teórico.

Consistirá na realización dunha proba escrita relacionada cas ensinanzas musicais específica do instrumento e a materia a impartir. Esta proba puntuaráse de 0 a 10 puntos, sendo eliminados todos aqueles que non superen nesta proba 5 puntos.

 

b) Segundo exercicio: Obrigatorio e non eliminatorio.

Rematado o exercicio práctico e nesta mesma sesión, realizarase unha proba de coñecemento de lingua galega que consistirá na traducción dun texto de castelán a galego, determinado polo tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo e que puntuaráse de 0 a 3, sendo este exercicio de carácter obrigatorio pero non eliminatorio.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuir o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán os 3 puntos.

 

Rematada o proceso de selección o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de maior a menor puntuación (concurso mais proba), propoñendo ó Sr. Alcalde para a súa contratación á persoa que encabece a relación do proceso selectivo.

 

No prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Taboleiro de Edictos do Concello da relación citada o aspirante proposto deberá presenta-la documentación acreditativa dos requisitos sinalados nesta Base para acceder ó posto de traballo, así como o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

 

OITAVO.- LISTA DE RESERVA.- A lista coa totalidade dos presentados e puntuación acadada quedará para poderen ser utilizada de reserva ( sempre respectando a orde da lista ), para cubrir a praza en situacións de renuncia voluntaria, procesos de incapacidade temporal, maternidade ou calquera circunstancia. Nestes casos o novo aspirante á contratación terá que aporta-la documentación, no prazo de dez días hábiles a partir da notificación da súa proposta.

 

 En caso de que quedara deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún á mesma, o Sr. Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario de conformidade coas presentes bases.

 

NOVENO.- En todo o non previsto por estas Bases os contratos rexeranse polo disposto na lexislación reguladora dos contratos laborais temporais.

 

 

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a dez de setembro de dous mil dez.

 

Visto e Prace

O ALCALDE