Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria e bases do proceso de selección para a contratación laboral temporal dun técnico de apoio e atención ao inmigrante e emigrante retornado.

4/04/2011

DON JOSÉ ÁNGEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, SECRETARIO EN FUNCIÓNS DO CONCELLO DE TUI,  CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con data un de abril de dous mil once, dictouse a seguinte:

 

“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

 

 CONVOCATORIA E BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN TECNICO DE APOIO E ATENCIÓN AO INMIGRANTE E EMIGRANTE RETORNADO.

 

I.-  OBXECTO DA CONVOCATORIA.

Convocar o proceso de selección para á contratación con carácter laboral temporal a tempo parcial, dun licenciado en dereito, para desempeñar o posto de Técnico de Apoio e Atención ao Inmigrante e Emigrante Retornado.

 

II.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO.

O contrato se rexerá pola normativa reguladora dos contratos laborais temporais de duración determinada, sendo a xornada laboral de 25 horas semanais. A duración do contrato será de 7,5 meses a contar dende o seu inicio e  como data máxima o 31/12/2011, sen que poida exceder dos 7,5 meses a duración total do contrato.  As retribucións do posto serán de 830,58 euros brutos mensuais, incluindo salario e prorrateo de pagas extra. O traballador levará a cabo as seguintes funcións, no marco do Plan Municipal de Inmigración e Retorno do Concello de Tui:

a) informar ó colectivo de referencia sobre a súa situación xurídica e trámites administrativos a realizar dada a súa condición de inmigrante ou emigrante retornado. Neste senso asesorará na tramitación de permisos de residencia, traballo, visados, adquisición de nacionalidade, agrupamento familiar e todo tipo de trámites administrativos que este colectivo precise así como sobre as posibles prestacións sociais, educativas ou sanitarias ás que tivesen dereito.

b) facilitar todo tipo de información acerca de programas formativos e de orientación e inserción laboral, que leven a cabo as Administracións Públicas.

c) calquera outra axeitada a súa categoría profesional que lle sexa encomendada en relación coa atención ó emigrante retornado e inmigrante.

 

III.- REQUERIMENTOS DOS ASPIRANTES.

Nas instancias solicitarase presentarse ó proceso selectivo do posto de traballo correspondente, facéndose constar que se reunen, con referencia á data na que expire o prazo de presentación de solicitudes os seguintes requisitos:

1.- Ter nacionalidade española, sen prexuizo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril.

2.- Posuir capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

3.- Ser maior de dezaseis anos, e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

4.- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das Administracións Públicas, órganos  constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas,  nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas de conformidade co disposto no artigo 56.1 da Lei 7/2007. de 12 de abril.

5.- Posuir a titulación esixida: Título de Licenciado en Dereito.

6.- Ter ingresado na conta da Tesourería do Concello de Tui,  durante o prazo de presentación de instancias, o importe en concepto de dereitos de exame segundo o disposto na ordenanza reguladora correspondente.

 

IV.- PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.

As solicitudes para a participación no presente proceso selectivo presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Tui ou en calquera das formas prevista no artigo 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común, no prazo de 5 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria nun xornal de difusión provincial. No suposto de presentarse a instancia fora do Rexistro Xeral do Concello, será necesario remitila por Fax ao nº 986 60 41 48, o mesmo día da súa presentación, para que sexan incluidos na lista de admitidos.

Xunto á instancia achegárase:

  *-Fotocopia do DNI.

  *-Copia do xustificante de ter aboado os dereitos de exame.

  *-Copia cotexada do certificado oficial acreditativo do nivel Celga 4 de coñecemento da lingua galega, aos efectos de quedar exento da realización da proba de galego.   

  *-Documentación acreditativa dos méritos alegados polos aspirantes, debidamente compulsados.

 

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. Alcalde, no prazo máximo de 1 mes, mediante resolución aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos. Dita resolución será definitiva de non haber excluídos, e será exposta no taboleiro de anuncios do Concello, así como na páxina web do mesmo ( www.concellotui.org ), relacionándose os aspirantes excluídos coa indicación da causa de exclusión. Nesta resolución incluirase a composición do tribunal, o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de tres días hábiles para reclamacións e corrección das deficiencias sinaladas. Estas reclamacións e correccións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que publicarase na mesma forma. Contra a resolución na que se declare a exclusión definitiva do aspirante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que dictou o acto, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Xurisdicción Contenciosa-Administrativa, contados a partir do día seguinte da publicación no Taboleiro de anuncios do Concello de Tui.

 

V.- SELECCIÓN DOS CANDIDATOS.

Rematado o prazo de presentación de instancias o Tribunal formado como prescribe o artigo 60 da Lei 7/2007 de 12 de abril, procederá a efectua-la selección conforme se describe no punto VI destas bases.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando neles concorran circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. Os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando se dean calquera das citadas circunstancias.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente, debendo estar presente en todo caso,o Presidente e o Secretario ou quen legalmente os sustitúa.

Os membros concorrentes ás sesións do Tribunal e para os efectos de percepcián de asistencias se clasificarán consonte o disposto no artigo 33 do Real Decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razón de servicio.

O tribunal na súa actuación axustarase ao establecido nas presentes bases; no non disposto, seralle de aplicación á normativa prevista para a formación da vontade dos órganos colexiados, tanto na lei 30/1992 do 26 de novembro como na demais normativa de aplicación.

 Rematado o proceso de selección o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de maior a menor puntuación e propondra o Sr. Alcalde para a súa contratación á persoa que encabece a relación do proceso selectivo.

No prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Taboleiro de Edictos do Concello da relación, o aspirante proposto deberán presenta-la documentación acreditativa dos requisitos sinalados nestas Bases para acceder ó posto de traballo, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

No caso de que a persoa seleccionada non reunise os requisitos necesarios para a contratación poderá ser substituída pola seguinte da relación do proceso selectivo, situación que tamén poderá suceder  no caso de ser necesario cubrir algunha praza por razóns de baixa, enfermidade, etc. utilizando para iso a modalidade de contratación laboral apropiada para cada caso.

No caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún a esta, o Sr. Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases.

 

VI.- PROCESO DE SELECCIÓN: O proceso de selección será o de concurso- oposición.

 

FASE DE CONCURSO: (puntuación máxima 4 puntos).

En primeiro lugar o tribunal procederá a avaliar os méritos conforme ao seguinte baremo:

Experiencia Profesional

    -Por cada mes efectivo de traballo nun posto igual ou semellante ao obxecto do contrato, en calquera das  Administracións Públicas: 0,25 puntos por mes completo.

    -Por cada mes efectivo de traballo nun posto de igual ou semellantes co obxecto de contrato, na empresa privada: 0,10 por mes completo.

A experiencia laboral acreditarase mediante aportación da vida laboral e copia dos contratos de traballo ou certificado da administración publica correspondente.

Coa solicitude, deberá aportarse a documentación acreditativa dos méritos alegados polos aspirantes, debidamente compulsados. Os méritos non xustificados documentalmente, insuficientemente xustificados ou que non garden congruencia cos valorables segundo as presentes bases, non serán obxecto de valoración.

 

 FASE DE OPOSICIÓN: (a puntuación máxima a acadar nesta fase será do sesenta por cento da puntuación total ).

           Esta fase consistirá na realización dos seguintes exercicios, que serán realizados na mesma sesión:

 

a) Primeiro exercicio: Obrigatorio e eliminatorio de carácter teórico.

Consistirá en contestar por escrito a unha serie de preguntas ou a un cuestionario tipo test, de preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa establecido no anexo I da convocatoria durante un periodo de tempo que será determinado polo tribunal antes do inicio deste exercicio. Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo un mínimo de 5 puntos.

b) Segundo exercicio: Obrigatorio e non eliminatorio.

Rematado o exercicio práctico e nesta mesma sesión, realizarase unha proba de coñecemento de lingua galega que consistirá na traducción dun texto de castelán a galego, determinado polo tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo e que puntuaráse de 0 a 3, sendo este exercicio de carácter obrigatorio pero non eliminatorio.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuir o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán os 3 puntos.

          VII.- CALIFICACIÓN FINAL.

A puntuación total do proceso selectivo será a suma  das cualificacións obtidas polos aspirantes nos distintos exercicios da fase de oposición e na fase de concurso. Rematada a selección o tribunal formulará unha proposta á Alcaldía co aspirante que obtivese a maior puntuación no proceso de selección, e que se publicará mediante anuncio no Taboleiro de Edictos do Concello de Tui .

 

VIII.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.

No prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Taboleiro de Anuncios do Concello da relación citada o aspirante proposto deberá presentar a documentación acreditativa dos requisitos establecidos na base III para acceder ao posto de traballo, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

No caso de que o aspirante escollido non aportara a documentación aludida ou de que durante o período de contratación quedara vacante ou fose necesario cubrir a praza temporalmente por baixa de calquera tipo, o Alcalde poderá contratar, coa forma legal de contrato apropiada, ao aspirante que superando o exercicio escrito, seguise en puntuación na relación citada e así sucesivamente. Nestes casos o novo aspirante á contratación terá que aportar a documentación no prazo de tres días hábiles a partir da notificación da súa proposta, e os requisitos esixidos entenderanse con referencia á data en que remata o prazo de presentación da documentación.

En caso de que quedara deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún á mesma, o Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario de conformidade coas presentes bases.

ANEXO I: TEMARIO

 

1.        A Constitución Española de 1978: principios constitucionais; dereitos fundamentais e liberdades públicas.

2.        A Coroa. Atribucións segundo a Constitución.

3.        O Poder Lexislativo.As Cortes Xerais.Composición e funcións.Os regulamentos parlamentarios.Órganos de control dependentes das Cortes Xerais: Tribunal de Contas e Defensor do Pobo.

4.        O Estatuto de Autonomía de Galicia: principios xerais e análise do seu contido.A Xunta de Galicia e o seu Presidente.

5.        O Goberno no sistema constitucional español.Composición.A Lei do Goberno.

6.        O Poder Xudicial. Regulación constitucional da xustiza. A Lei Orgánica do Poder Xudicial.Principios da organización xudicial.Órganos xurisdicionais.O Consello Xeral do Poder Xudicial.

7.        A Organización Territorial do Estado: Principios Constitucionais.As Comunidades Autónomas.Os Estatutos de Autonomía.Relacións entre o Estado e as Comunidades Autónomas.

8.        A Autonomía Local. Antecedentes históricos e doctrinais.Carta Europea de Autonomía Local.A Autonomía Local na Constitución.

9.        A Administración Pública no ordenamento español.Tratamento constitucional.A personalidade xurídica da Administración. Principios de actuación.A Administración Institucional:orixe, tipoloxía e réxime xurídico.

10.     O Regulamento.Titularidade da potestad regulamentaria. Ambito material do Regulamento.Procedemento de elaboración.Clases de Regulamentos

11.     Réxime xurídico das administracións públicas: principios informadores. Os actos administrativos: concepto, elementos e clases.Requisitos:motivación e forma.Eficacia dos actos.A invalidadez do acto administrativo.

12.     O procedemento administrativo común: principios xerais e competencia. Os interesados. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e finalización.

13.     Recursos administrativos, principios xerais, actos susceptibles de recursos, principios xerais de tramitación. Clases de recursos.

14.     O Réxime Local español. Significado e evolución histórica.Concepto. Evolución.Principios constitucionais do Réxime Local.Regulación legal.

15.     O municipio. Concepto.Elementos.A organización municipal. As competencias municipais.

16.     Funcionamento dos órganos colexiados locales. Réxime de sesións. Actos e acordos.Actas e certificacións.

17.     O procedemento administrativo local.Singularidades do procedemento administrativo das Entidades Locais.

18.     A función pública local.Clases de empregados públicos locais.Dereitos, deberes e situacións administrativas

19.     As Facendas Locais. Os recursos dos municipios.As Ordenanzas Fiscais.

20.     Os orzamentos das Entidades Locais. Concepto.Elaboración e aprobación.As bases de execución.

21.     A Unión Europea: nacemento e fases da súa evolución. O tratado da Unión Europea. As institucións da Unión Europea.Organización e competencias.

22.     Órganos da Administración Central do Estado en materia de emigración e inmigración.

23.     Adquisición da nacionalidade española. Nacionalidade de orixe e nacionalidade derivativa. Perda da nacionalidade española. Recuperación da nacionalidade.

24.     Marco legal da inmigración. Antecedentes e regulación actual.

25.     Dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.

26.     Tipos e réxime xurídico de visados, situacións da estancia ou residencia e autorización para traballar.

27.     Axudas para atopar emprego ou para incrementar as posibilidades de atopalo existentes para os emigrantes retornados e os inmigrantes.

28.     O sistema educativo en España. Organización. Homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros. Procedementos e trámites.

29.      A emigración de retorno e inmigración en Galicia: características fundamentais.

30.     Programas estatais e autonómicos de atención ó emigrante retornado e o inmigrante.

 

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a catro de abril de dous mil once.

Visto e Prace

O ALCALDE  ACCTAL.