Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria e bases do proceso de selección para a contratación laboral temporal dun Monitor para impartir o Módulo de Formación para a Igualdade

14/09/2010

DONA CEFERINA SAA RODRIGUEZ, SECRETARIA ACCTAL DO CONCELLO DE TUI,

CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución:

“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA"

 

En virtude das facultades que me confire a vixente lexislación en materia de Réxime Local, RESOLVO: Aprobar a covocatoria e as seguintes bases, para a contratación laboral temporal dun Monitor para impartir o Módulo de Formación para a Igualdade, do curso AFD concedido ao Concello de Tui, para o ano 2010, no marco dos cursos de formación para desempregados AFD:

            1ª.- O obxecto das presente convocatoria e bases é a contratación laboral temporal polo Concello de Tui ó abeiro da normativa vixente reguladora dos contratos laborais temporais, dun Monitor para  impartir o Módulo de Formación para Igualdade dentro do Curso de Operacións Auxiliares Montaxe de Redes, concedido ao Concello de Tui, no marco das accións formativas dirixidas prioritariamente aos traballadores desempregados na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao 2010, concedidos pola Consellería de Traballo e Benestar en virtude de Resolución de data 30 de xullo de 2010, de conformidade ca Orde do 29 de decembro de 2009.

            2ª.- Os contrato terá a duración necesaria para desenrola-la acción formativa do Módulo de Formación Ocupacional que lles corresponda, segundo a programación que se determine, non podendo exceder a data de remate do 15 de decembro de 2010.

                        3ª.- A retribucións brutas totais do monitor serán as seguintes:

 -Monitor Módulo de Formación para a Igualdade, 340 €  polo total da impartición das súas clases (10 horas).

De conformidade coa Orde do 28 de decembro de 2009, se non se incorporan os alumnos seleccionados ou se produce unha diminución do número de alumnos ata unha cantidade inferior ao 50 por 100 do número programado de participantes, poderán ser cancelados pola Consellería de Traballo e Benestar.

No suposto de cancelación do curso os docentes seleccionados terán dereito soamente ao abono da cuantía proporcional que a Consellería destine ao módulo anulado, e soamente polas horas efectivamente impartidas. Así mesmo, de ser seleccionado algún docente, e non se teña acadado o número minimo de alumnos necesario para o inicio do curso, este non terá dereito a compensación algunha.         

            4ª.- A xornada será a precisa para poder desenvolve-la acción formativa dos cursos, podendo variarse a distribución horaria e diaria polo Sr. Alcalde por razóns derivadas do desenvolvemento dos mesmos. A impartición das clases debe ser en galego de conformidade co disposto no artigo 4º.4.f. da Orde de 28 de decembro de 2009.

            5ª.- O procedemento de selección será o seguinte:

A) REQUISITOS DOS ASPIRANTES:

Nas instancias  segundo o modelo facilitado polo Concello, se solicitará presentarse ó proceso selectivo, facéndose constar que se reúnen, con referencia á data na que expire o prazo de presentación de solicitudes os seguintes requisitos:

1.- Ter nacionalidade española, sen prexuizo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril.

2.- Posuir capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

3.- Ser maior de dezaseis anos, e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

4.- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das Administracións Públicas, órganos  constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas de conformidade co disposto no artigo 56.1 da Lei 7/2007. de 12 de abril.

5.- Estar en posesión de Titulación Universitaria Media ou Superior ou posuir un Master en Igualdade. Admitiranse candidatos que non posuindo titulación media ou superior ou Master en Igualdade, acrediten formación metodolóxica xunto con experiencia docente na materia a impartir.

6.-Posuir Formación metodolóxica (curso de formador de formadores ou metodoloxía didactica ou formador ocupacional ou U.C. nº 402 ou 9402 de formador ocupacional ”promocionar oportunidades de aprendizaxe adaptadas a características dos individuos ou grupos e as súas necesidades de cualificación ou experiencia docente na materia a impartir.

7.-Ter ingresado na conta da Tesourería do Concello de Tui, antes de rematar o prazo de presentación de instancias, o importe en concepto de dereitos de exame segundo o disposto na ordenanza reguladora correspondente.

 

 B) PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

As solicitudes para a participación no presente proceso selectivo presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Tui ou en calquera das formas prevista no artigo 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común, no prazo de 5 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria nun xornal de difusión provincial. No suposto de presentarse a instancia fora do Rexistro Xeral do Concello, será necesario remitila por Fax ao nº 986 60 41 48, o mesmo día da súa presentación, para que sexan incluidos na lista de admitidos.

Xunto á instancia achegárase:

  *-Fotocopia do DNI.

  *-Copia do xustificante de ter aboado os dereitos de exame.

  *-Copia cotexada do certificado oficial acreditativo do nivel Celga 4 de coñecemento da lingua galega, aos efectos de quedar exento da realización da proba de galego.   

  *-Coa solicitude deberán aportarse a documentación acreditativa dos méritos alegados, así como daqueles requisitos, que sexan preceptivos para poder participar no proceso de selección, concretamente os establecidos nos puntos 5 e 6 dos recollidos na base 5ª, debidamente compulsados, quedando excluidos todos aqueles aspirantes que non os acrediten coa instancia. Tódolos méritos deberán acreditarse necesariamente mediante a presentación das copias compulsadas dos títulos oficiais correspondentes e pola copia dos contratos e mais vida laboral debidamente documentada, certificación de órgano competente que indique claramente as datas e denominación da actividade realizada, ou o IAE (alta e actualización) no caso de traballadores autónomos. Os méritos non xustificados documentalmente ou insuficientemente xustificados non serán obxecto de valoración por parte do Tribunal de Selección.

 

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. Alcalde, no prazo máximo de 1 mes, mediante resolución aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos. Dita resolución será definitiva de non haber excluídos, e será exposta no taboleiro de anuncios do Concello, así como na páxina web do mesmo ( http://www.concellotui.org/ ), relacionándose os aspirantes excluídos coa indicación da causa de exclusión. Nesta resolución incluirase a composición do tribunal, o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de tres días hábiles para reclamacións e corrección das deficiencias sinaladas. Estas reclamacións e correccións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que publicarase na mesma forma. Contra a resolución na que se declare a exclusión definitiva do aspirante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que dictou o acto, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Xurisdicción Contenciosa-Administrativa, contados a partir do día seguinte da publicación no Taboleiro de anuncios do Concello de Tui.

 

C) SELECCIÓN DOS CANDIDATOS:

Rematado o prazo de presentación de instancias o Tribunal formado como prescribe o artigo 60 da Lei 7/2007 de 12 de abril, procederá a efectua-la selección conforme se describe no punto VI destas bases.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando neles concorran circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. Os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando se dean calquera das citadas circunstancias.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente, debendo estar presente en todo caso, o Presidente e o Secretario ou quen legalmente os sustitúa.

Os membros concorrentes ás sesións do Tribunal e para os efectos de percepcián de asistencias se clasificarán consonte o disposto no artigo 33 do Real Decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razón de servicio.

O tribunal na súa actuación axustarase ao establecido nas presentes bases; no non disposto, seralle de aplicación á normativa prevista para a formación da vontade dos órganos colexiados, tanto na lei 30/1992 do 26 de novembro como na demais normativa de aplicación.

 Rematado o proceso de selección o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de maior a menor puntuación e propondra o Sr. Alcalde para a súa contratación á persoa que encabece a relación do proceso selectivo.

No prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Taboleiro de Edictos do Concello da relación, o aspirante proposto deberán presenta-la documentación acreditativa dos requisitos sinalados nestas Bases para acceder ó posto de traballo, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

No caso de que a persoa seleccionada non reunise os requisitos necesarios para a contratación poderá ser substituída pola seguinte da relación do proceso selectivo, situación que tamén poderá suceder  no caso de ser necesario cubrir algunha praza por razóns de baixa, enfermidade, etc. utilizando para iso a modalidade de contratación laboral apropiada para cada caso.

No caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún a esta, o Sr. Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases.

 

D) SISTEMA DE SELECCIÓN : Concurso-oposición.

 

D.1) FASE DE CONCURSO:

A puntuación acadada suporá o corenta por cento da puntuación máxima total a acadar polos aspirantes. O Tribunal procederá a avaliar, en primeiro lugar, os méritos conforme ó seguinte baremo:

 

                           1.NIVEL ACADÉMICO (máximo 1 punto)

 

a)-Por posuír as seguintes Titulacións:

 

*-Titulación universitaria superior................................................................................................0,60 puntos.

*-Titulación universitaria media....................................................................................................0,50 puntos.

*-Master en Igualdade (impartido por calquera entidade).............................................................0,40 puntos.

 

En relación ás titulacións a valorar neste apartado non serán acumulables puntuándose, no caso de posuir máis dunha das especificadas, pola de superior grao.

 

  b) Por Cursos de Lingua galega:

*Certificado Celga 2 ou equivalente...........................................................................................0,10 puntos.

*Certificado Celga 3 ou equivalente............................. .............................................................0,25 puntos.

*Certificado Celga 4 ou equivalente...........................................................................................0,40 puntos.

 

En relación aos certificados a valorar neste apartado, a posesión de mais de un non será acumulable, puntuando soamente o de maior grado.

 

2.- NIVEL PEDAGÓXICO ( Máximo 6 puntos).

 

a)-Formación metodolóxica: Por posuir o curso de formador de formadores ou metodoloxía didáctica ou formador ocupacional ou U.C. nº 402 ou 9402 de formador ocupacional “Proporcionar oportunidades de aprendizaxe adaptadas ás características dos individuos e grupos e ás súas necesidades de cualificación, de conformidade co seguinte baremo, e cun máximo de 2 puntos neste subapartado:

 

*-Cursos de 1 hora a 49 horas................................................. 0,50 puntos.

*-Cursos de 50 horas a 99 horas...............................................1,00 punto.

*-Cursos de  100 horas a 149 horas..........................................1,50 puntos.

*-Cursos de mais de 149 horas.................................................2,00 puntos.

 

 

b)-Experiencia docente: Impartición docente, por mes completo na materia correspondente a impartir ..................................................................................................................... 0,05 puntos/mes completo.

3.- NIVEL PROFESIONAL (Máximo 3 puntos)

 

a)Experiencia Profesional:

Por experiencia profesional na actividade profesional na materia a impartir, desempeñada en empresa privada ou Administración Pública..........................................0,05 puntos/mes completo.

 

b)Listas de Igualdade:

Por estar incluido na lista de especialistas do Servizo Galego de Igualdade......................................1 punto.

                                                          

D.2)FASE DE OPOSICIÓN : Está fase suporá o sesenta por cento da puntuación total a acadar polos aspirantes no proceso de selección.

Os exercicios, a realizar na mesma sesión, serán os seguintes:

a) Primeiro exercicio: Obrigatorio e eliminatorio de carácter teórico.

Consistirá en responder, de forma escrita, a unha serie de cuestionarios ou preguntas breves relacionadas con coñecementos teóricos sobre a materia a impartir e aspectos do traballo a desenvolver.

Esta proba puntuarase de 0 a 10 puntos, sendo eliminados todos aqueles aspirantes que non superen os 5 puntos nesta.

c) Segundo exercicio: Obrigatorio e non eliminatorio.

Rematado o exercicio práctico e nesta mesma sesión, realizarase unha proba de coñecemento de lingua galega que consistirá na traducción dun texto de castelán a galego, determinado polo tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo e que puntuaráse de 0 a 3, sendo este exercicio de carácter obrigatorio pero non eliminatorio.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuir o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán os 3 puntos.

 

    6º.- Cualificación Final e Formalización do Contrato.

Rematadas a fase de concurso e a fase de oposición o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de maior a menor puntuación total no proceso, propoñendo ao Sr. Alcalde para a súa contratación á persoa que encabece a relación. No prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no Taboleiro de Edictos do Concello de Tui da relación citada, o aspirante proposto deberá presenta-la documentación acreditativa dos requisitos sinalados nestas bases para acceder ó posto de traballo, así como realizar cando sexa convocado para elo, o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

No caso de que os aspirantes escollidos non aportaran a documentación aludida ou de que durante o período de contratación a praza quedara vacante ou fora necesario cubri-la temporalmente por baixa de calquera tipo, o Sr. Alcalde procederá á contratación polo mesmo sistema do aspirante que seguira en puntuación na relación correspondente, procedendo así sucesivamente no caso de nova vacante. Nestes casos os novos aspirantes á contratación terán que aporta-la documentación no prazo de tres días hábiles a partires da notificación da súa proposta, e os requisitos esixidos entenderanse con referencia á data que remate o prazo de presentación da documentación. No caso de que quedara deserta calquera praza, o Sr. Alcalde queda autorizado a convoca-lo novamente cantas veces fose necesario con arranxo ás presentes bases.

     7º.- Disposición Final.

 En todo o non previsto nestas Bases estarase ó disposto na Orde de 28 de decembro de 2009 e na lexislación vixente en materia de contratos laborais temporais.

 

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a dez de setembro de dous mil dez.

 

Visto e Prace

O ALCALDE