Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria e bases do proceso de selección para a contratación laboral temporal dun animador deportivo

14/09/2010

DONA CEFERINA SAA RODRIGUEZ, SECRETARIA ACCTAL DO CONCELLO DE TUI,

CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución 

“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

CONVOCATORIA E BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN ANIMADOR DEPORTIVO.

 

En virtude das facultades que me confire a vixente lexislación en materia de Réxime local:

RESOLVO: Aprobalos seguintes criterios para a contratación laboral temporal dun Animador Deportivo,  para o Concello de Tui.

 

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA:

O obxecto das presentes bases é proceder á selección dun Animador Deportivo para a súa contratación laboral temporal polo Concello de Tui, para o desempeño das seguintes funcións: asumir a posta en marcha de programas de animación deportiva; incentivar a participación cidadá na actividade deportiva; dinamizar e animar grupos e entidades deportivas; estudio e valoración das demandas dos cidadáns no eido deportivo; atender e apoiar aos grupos e entidades deportivas do Concello; así como calquera outra correspondente á súa categoría e propia do departamento no que se integra. A persoa contratada deberá presta-los seus servicios, a tempo completo durante 37,5 horas semanais, en horario a determinar según as necesidades do servizo, prestando o servizo en réxime de flexibilidade horaria, como consecuencia da disponibilidade necesaria para asistir a actos e eventos fora da xornada habitual de traballo e adaptación as especiais características do departamento a que se adscribe así como as esixencias que veñan impostas pola propia natureza das funcións a desenvolver.

A retribución bruta total mensual será a prevista no orzamento municipal.

O contrato de traballo sera temporal de duración determinada na modalidade de interinidade, ata que se cubra a praza en propiedade.

 

2.- REQUERIMENTOS DOS ASPIRANTES:

1.- Ter nacionalidade española, sen prexuizo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril.

2.- Posuir capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

3.- Ser maior de dezaseis anos, e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

4.- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das Administracións Públicas, órganos  constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas,  nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas de conformidade co disposto no artigo 56.1 da Lei 7/2007. de 12 de abril.

5.- Posuir a titulación esixida: os aspirantes deberán estar en posesión do título de Ciclo Formativo de Grao Superior de Animación de Actividades Físicas y Deportivas; Módulo Profesional de Nivel III de Actividades Físicas e Animación Deportiva, FPII de técnico en actividades físicas e animación deportiva ou equivalente. Non obstante, admitirase o título de Diplomado en Magisterio especialidade de Educación Física, e o de Licenciado en educación física ou ciencias da actividade física e do deporte.

6.-Estar en posesión do permiso de conducir clase B.

7.-Ter ingresado na conta da Tesourería do Concello de Tui, durante o prazo de presentación de instancias o importe en concepto de dereitos de exame segundo o disposto na ordenanza reguladora correspondente.

 

3. PROCESO DE SELECCIÓN :

O proceso de selección será o de concurso-oposición.

 

3.1-FASE DE CONCURSO:(puntuación máxima 4 puntos)

A fase previa de concurso non terá carácter eliminatorio e a puntuación obtida nela non poderá aplicarse para superar os exercicios da fase de oposición. A esta fase corresponderalle como máximo o 40% da puntuación total máxima posible do concurso-oposción, correspondéndolle o 60% restante á fase de oposición. Esta fase, que será previa á de oposición, non terá carácter eliminatorio, nin a puntuación obtida nla poderá aplicarse para superar os exercicios da fase de oposición.

Nesta fase avaliaranse os méritos dos aspirantes, de acordo co baremo establecido a continuación:

 

-EXPERIENCIA PROFESIONAL.-. A experiencia laboral puntuarase dacordo co seguinte baremo:

 

-Por acredita experiencia laboral relacionada co posto de traballo de igual o similar contido ao que se vai a desempeñar, prestada tanto na administración pública, como na empresa privada, asociación, federación ou similar: 0,20 puntos por mes ata un máximo de 4,00 puntos. 

 

Xustificación: Mediante certificación emitida pola administración correspondente onde se exprese o período de contratación, se é a tempo completo ou parcial e categoría profesional, mediante copia autenticada dos documentos acreditativos dos servizos prestados (contratos de traballo e mais vida laboral) que deberán sinalar todos e cada un dos datos indicados anteriormente. Aquelas colaboracións sen relación contractual, tanto en asociacións, entidades sen ánimo de lucro e demais entidades non serán tidas en conta polo tribunal avaliador.

Toda a documentación acreditativa da fase de concurso, deberá ser adxuntada coa solicitude no mesmo momento da súa presentación.

 

 3.2-FASE DE OPOSICIÓN.

A fase de oposición suporá o sesenta por cento da puntuación total a acadar polos aspirantes no proceso de selección. Esta fase oposición e consistirá na realización das seguintes probas, que se realizarán na mesma sesión:

 

3.1-Primeiro exercicio (obrigatorio e eliminatorio): En primeiro lugar o Tribunal procederá a realizar unha proba escrita, de carácter obrigatorio e eliminatorio sobre o traballo a desenvolver e relacionada co contido do temario consignado no Anexo I (parte xeral e específica) desta convocatoria, puntuándose de 0 a 10 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non acaden 5 puntos.

 

3.2- Segundo exercicio (obrigatorio e eliminatorio): En segundo lugar realizarase unha proba de carácter práctico, consistente na resolución dun suposto práctico  relacionada co traballo de animador deportivo e estará relacionada co contido do temario consignado como parte específica no Anexo I desta convocatoria. Nesta proba valorarase a concrección na formulación da resposta ao mesmo e a claridade na exposición Este exercicio puntuarase de 0 a 10 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non acaden 5 puntos.

 

3.3-Terceiro exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).- Este terceiro exercicio, consistirá na traducción dun texto de castelán a galego ou de galego a castelán, determinado polo tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo e que puntuaráse de 0 a 3, sendo este exercicio de carácter obrigatorio pero non eliminatorio.

 

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuir o Celga 3 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán os 3 puntos. Aos efectos de quedar exentos da realización desta proba os aspirantes achegarán xunto coa instancia, copia cotexada do certificado oficial acreditativo do nivel Celga 3 de coñecemento da lingua galega aos cales se lles asignará nesta proba 3 puntos.

 

4. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes para a participación no presente proceso selectivo presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Tui ou en calquera das formas prevista no artigo 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común, no prazo de 10 días dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria nun xornal de difusión provincial. No suposto de presentarse a instancia fora do Rexistro Xeral do Concello, será necesario remitila por Fax ao nº 986 60 41 48, o mesmo día da súa presentación, para que sexan incluidos na lista de admitidos. Xunto á instancia achegáranse os seguintes documentos:

 

    *-Fotocopia do DNI.

 *Copia do xustificante de ter aboado os dereitos de exame.

 *Copia cotexada do título esixido na convocatoria.

 *Copia cotexada do permiso de conducir clase B.

 *Copia cotexada do certificado oficial acreditativo do nivel Celga 3 de coñecemento da lingua    galega, aos efectos de quedar exento da realización da proba de galego.    

*Copia compulsada dos documentos acreditativos dos méritos que posúan os aspirantes a avaliar na fase de concurso, de conformidade co que dispón a base 3.1.      

 

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. Alcalde, no prazo máximo de 1 mes, mediante resolución aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos. Dita resolución será definitiva de non haber excluídos, e será exposta no taboleiro de anuncios do Concello, así como na páxina web do mesmo ( http://www.concellotui.org/ ), relacionándose os aspirantes excluídos coa indicación da causa de exclusión. Nesta resolución incluirase a composición do tribunal, o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de tres días hábiles para reclamacións e corrección das deficiencias sinaladas. Estas reclamacións e correccións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que publicarase na mesma forma. Contra a resolución na que se declare a exclusión definitiva do aspirante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que dictou o acto, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Xurisdicción Contenciosa-Administrativa, contados a partir do día seguinte da publicación no Taboleiro de anuncios do Concello de Tui.

 

 5. SELECCIÓN DOS CANDIDATOS

Rematado o prazo de presentación de instancias o Tribunal formado como prescribe o artigo 60 da Lei 7/2007 de 12 de abril, procederá a efectua-la selección conforme se describe no punto 3º destas bases.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando neles concorran circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. Os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando se dean calquera das citadas circunstancias.

Poderase dispor a incorporación, aos traballos do Tribunal, de asesores especialistas para as probas coas labores de asistencia que se estimen pertinentes, limitándose estes a prestar colaboración nas súas especialidades técnicas.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente, debendo estar presente en todo caso,o Presidente e o Secretario ou quen legalmente os sustitúa.

Os membros concorrentes ás sesións do Tribunal e para os efectos de percepcián de asistencias se clasificarán consonte o disposto no artigo 33 do Real Decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razón de servicio.

O tribunal na súa actuación axustarase ao establecido nas presentes bases; no non disposto, seralle de aplicación á normativa prevista para a formación da vontade dos órganos colexiados, tanto na lei 30/1992 do 26 de novembro como na demais normativa de aplicación.

 Rematado o proceso de selección o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de maior a menor puntuación e propondra o Sr. Alcalde para a súa contratación á persoa que encabece a relación do proceso selectivo.

No prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Taboleiro de Edictos do Concello da relación, o aspirante proposto deberán presenta-la documentación acreditativa dos requisitos sinalados nestas Bases para acceder ó posto de traballo, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

No caso de que a persoa seleccionada non reunise os requisitos necesarios para a contratación poderá ser substituída pola seguinte da relación do proceso selectivo, situación que tamén poderá suceder  no caso de ser necesario cubrir algunha praza por razóns de baixa, enfermidade, etc. utilizando para iso a modalidade de contratación laboral apropiada para cada caso.

 

No caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún a esta, o Sr. Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases.

 

6.- INTERPRETACIÓN DAS BASES.

O Tribunal queda autorizado para resolver las dúbidas que se presenten e adoptalos acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nestas bases.

 

7.- RECURSOS.-

Os/as interesados/as poderán impugnala presente convocatoria e as súas bases, así como tódolos actos administrativos que se derivan da mesma nos casos e na forma establecidos na Leí de réxime xurídico das Administraciáns Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

 

ANEXO I

TEMAS PARTE XERAL:

1.- A Constitución Española de 1978. Principios xerais, características, estrutura e contido.

2.- A organización territorial do Estado na Constitución. As Comunidades Autónomas: especial referencia a Galicia. O Estatuto de Autonomía de Galicia.

3.- O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. A motivación e a notificación.

4.- Procedemento administrativo: Principios Xerais. Fases do Procedemento Administrativo.

5.- Réxime xurídico dos contratos das administracións públicas. Clases de contratos administrativos. Requisitos dos contratos. A selección do contratista. Órganos de contratación na Administración local.

6.- O réxime local: Regulación xurídica. O municipio: concepto e elementos. O termo municipal e alteracións dos termos municipais. A poboación municipal. Organización municipal. Órganos necesarios e órganos complementarios. Competencias do municipio.

7.- O orzamento das entidades locais. Elaboración e aprobación. Principios orzamentarios.

8.- A función pública local e a súa organización. Clases de funcionarios. O persoal laboral.Os dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais.

 

 

TEMAS PARTE ESPECÍFICA:

 9.- Competencias das Administracións Públicas en materia de actividade física e deporte.

10.- Aspectos xerais da Lei 11/1997 do Deporte de Galicia.

11.- Evolución das políticas de equipamentos deportivos

12.- Aspectos xerais en evolución da práctica da actividade física.

13.- Instalacións deportivas nun concello: características, usos e necesidades.

14.- Aproximación a los diferentes tipos de instalacións deportivas.

15.- Programas deportivos municipais: xustificación, organización e control.

16.- Escolas deportivas municipais: xustificación e proposta de programación

17.- Eventos deportivos nun concello: organización e plan de acción

18.- Programación deportiva para piscinas municipais: estrutura e supervisión

19.- Aspectos xerais do Decreto 103/2005, de 6 de maio por el que se aproba a regulamentación técnico -sanitaria de piscinas de uso colectivo

20.- Proposta para a formación de orzamentos deportivos municipais e a súa tramitación.

21.- Formas de xestión dos servizos deportivos municipais.

22.- Xestión directa dos servizos deportivos: definición, vantaxes e inconvenientes.

23.- Xestión indirecta dos servizos deportivos: definición, vantaxes e inconvenientes.

24.- Contratos administrativos e aplicación nos servizos e equipamentos deportivos.

25.- O asociacionismo deportivo no ámbito municipal: normativa e posibilidades de organización.

26.- Aspectos xerais da Lei 38/2003, de 18 de novembro, Xeral de subvencións.

27.- Convocatorias municipais de subvencións a entidades deportivas: xustificación e organización.

28.- Convocatorias municipais de bolsas para deportistas: xustificación e organización.

29.- Convocatorias de subvencións a entidades deportivas ou deportistas por parte das Administracións Públicas: administracións concedentes e tipos de axudas.

30.- Convenios con entidades para a promoción deportiva: xustificación e principios de actuación.

31.- Seguros de accidentes deportivos: xustificación y coberturas básicas

32.- Lesiones máis frecuentes na actividade física e deportiva.

33.- O deporte federado no ámbito municipal: función da Administración.

34.- O deporte como práctica de Tempo Libre.

35.- Aspectos xerais da materia de educación física en los centros de primaria

36.- Aspectos xerais da materia de educación física en secundaria y bacharelato.

37.- O deporte escolar (oferta da Xunta de Galicia).

38.- O Deporte para Todos. Popularización da práctica deportiva

39.- Deportes colectivos: estrutura e tipos.

40.- Deportes individuais: estrutura e tipos.

 

 

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a dez de setembro de dous mil dez.

 

Visto e Prace

O ALCALDE