Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria do programa "Lecer e Benestar" da Consellería de Traballo e Benestar

18/03/2011

Lecer e Benestar

Normativa:

Circular interna da Conselleria de Traballo e Benestar

Obxecto:

A Conselleria de Traballo e Benestar , no marco do Plan Galego de Persoas maiores 2010-2013, convoca para o ano 2011, a través da Dirección Xeral de Dependencia e Autonomia Persoal, unha edición do programa "Lecer e Benestar" (subsitúe ao programa de Turismo Social)

Ofértanse un total de 3.095 prazas, das que 2.696 son para solicitar de xeito individual e corresponden as modalidades de balnearios( opcións "todo incluido"e "só tratamento termal"), intercambio e praia e a súa adxudicación efectúase nas xefaturas territoriais

As restantes 399 teñen unha duración de tres dias e dúas noites, están destinadas a asociacións de persoas maiores e/ou de persoas con discapacidade, coas opcións de balneario e de camping, e a súa tramitación farase a través das asociacións ou federacións de persoas maiores ou de persoas con discapacidade da Comunidade Autónoma e a adxudicación farase directamente desde a Dirección Xeral de Dependencia e Autonomia Persoal

Novidades: Este ano non haberá transporte gratuito nas modalidades de turismo termal"todo incluido",coñece un balneario, coñece un camping e turismo de praia a Panxón. O desprazamento de ida e volta será por conta dos usuarios.

Non se acompaña informe médico, senon que na solicitude vai unha "declaración responsable" das condicións de saude que asina o solicitante.

Na modalidade "só tratamento termal" unha vez concedida praza para o balneario que solicita, o usuario solicita persoalmente o balneario a data que lle interesa.

As solicitudes individuais dirixense ás Xefaturas Territoriais e as de grupo á Dirección Xeral de Dependencia e Autonomia Persoal da Conselleria de Traballo e Benestar.

 

Modalidades:

1. Balnearios:

  • TODO INCLUIDO: comprende os servizos de aloxamento e manutención, tratamento termal, actividades de animación sociocultural e póliza colectiva de seguros. 1.579 prazas.
  • SO TRATAMENTO TERMAL:comprende exclusivamente este servizo: 397 prazas

2. Para grupos:

  • "COÑECE UN BALNEARIO"(estadías de tres días e dúas noites con: aloxamento, manutención, visita a un balneario, animación sociocultural e póliza colectiva de seguros)
  • "COÑECE UN CÁMPING" (estadías de tres días e dúas noites con: aloxamento e manutención en bungalós, visita a unha área termal, animación sociocultural e póliza colectiva de seguros)

3. Individuais:

  • INTERCAMBIO (con todo incluído) Estadías de 8 días con: transporte, aloxamento, manutención, animación sociocultural e póliza colectiva de seguros.
  • PRAIA (con todo incluído) Estadías de 8 días con: aloxamento, manutención, animación sociocultural e póliza colectiva de seguros

Requisitos:

  1. Ser maior de 65 anos ou maior de 60 reunindo a condición de pensionista (cumpridos no prazo de solicitude), agás no caso de persoas con discapacidade. O requisito da idade non se precisa no caso de cónxuxe ou acompañante con relación análoga a conxugal.
  2. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria ou ir acompañado de monitor, no caso de persoas con discapacidade, e atoparse en condicións de asistir ao Programa.
  4. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais, non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
  5. Respecto ás quendas de carácter termal, precisar o tratamento solicitado e carecer de contraindicación médica para a súa recepción.
  6. Ter presentado a solicitude, acompañada da documentación regulamentaria, dentro do prazo establecido
  7. Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder ao destino solicitado.
  8. Ter efectuado a oportuna aceptación da praza e o pagamento do prezo estipulado no prazo que se estableza.

Documentación solicitudes individuais:

  • Solicitude. Sinalar modalidade por orde de preferencia. Só se concederá unha modalidade e un destino.
  • Fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe ou acompañante se procede.*
  • Declaración responsable das condicións de saúde, relativa ao solicitante, ao seu cónxuxe ou acompañante, se procede* (este ano se presenta informe médico) *Cando non se asine a autorización a Conselleria na solicitude.
  • Fotocopia compulsada do libro de familia no caso de acollerse ao concepto de vodas de ouro.
  • Informe social relativo ao solicitante e ao seu cónxuxe ou acompañante, se procede, no caso de estar interesado en acollerse á modalidade de prazas gratuítas.

Cando dúas persoas maiores queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, presentarán unha única solicitude, para a súa baremación conxunta, acompañada da documentación que nela se indica.

Prazas para asociacións de persoas maiores

Prazas para asociación de persoas con discapacidade

Nota:

Este programa, dentro da modalidade de Balnearios e opción "todo incluído"oferta un total de 30 prazas cunha subvención dun 50% para as parellas que cumpran as súas vodas de ouro neste ano.

Tamén se ofertan en tódalas modalidades un total de 40 prazas gratuítas para as persoas que acrediten unha situación de precariedade económica que lles impida sufragar os gastos da praza, e neste caso a solicitude incluirá informe social.

Lugar de presentación:

As solicitudes individuais diríxense ás Xefaturas Territoriais e as de grupo á Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal da Consellería de Traballo e Benestar.

Centros Sociocomunitarios dependentes da Consellería ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).

Información:

  • Páxina Web (http://traballoebenestar.xunta.es), Xefaturas Territoriais e Centros Sociocomunitarios de Benestar da Consellería de Traballo e Benestar.
  • Servizos sociais comunitarios dos concellos e servizos sociais de atención primaria e especializada de saúde.
  • Teléfono social 900 333 666.

Prazo de presentación:

Ata o 15 de abril de 2011