Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocado o concurso para o cartel das festas de San Telmo 2011

3/03/2011

A CONCELLERÍA DE CULTURA CONVOCA O CONCURSO PARA A ELECCIÓN DO CARTEL DAS FESTAS DE SAN TELMO 2011

A Concellería de Cultura do Concello de Tui, coa colaboración da Comisión de Festas, convoca un concurso para a elección do cartel anunciador das festas patronais de San Telmo 2011, logo da positiva experiencia dos anos anteriores, en que resultaron premiados os deseños de Silvia Miguez Villaverde.

As personas interesadas en participar neste certame teñen de prazo ata o vindeiro día 25 de marzo de 2011  para enviar ou entregar os traballos nun soporte ríxido, coa finalidade de organizar unha exposición pública dos mesmos. Nas bases establécese un único premio de 500 euros.

O contido das obras presentadas deberá referirse ás Festas de San Telmo da cidade de Tui. O/s autor/es tentarán plasmar referencias desta Festa e desta cidade na súa proposta, destinada a ser utilizada como imaxe oficial deste evento. No cartel deberá figurar o seguinte texto: “Tui, festas de San Telmo 2011, 23 de abril - 2 de maio. Festas de Interese Turístico Galego”.

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, con este certamé pretendese dotar dunha imaxe artística e atractiva ao cartel anunciador das festas patronais tudenses, ao tempo que promove e valoriza a creatividade de artistas e deseñadores tanto tudenses como foráneos. Rodríguez Pérez anima aos deseñadores e creadores do noso municipio a participar neste concurso.

As bases poden consultarse na páxina web do Concello de Tui: www.concellotui.org.