Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Condolencia polo pasamento de Xosé Luis de Dios

3/08/2010

CONDOLENCIA POLO PASAMENTO DE XOSE LUIS DE DIOS

 

Luns, 2 de agosto de 2010. O Concello de Tui quere expresar publicamente o seu pesar pola morte do artista Xose Luis de Dios que dende hai xa moitos anos residía na nosa cidade, participando da vida social e cultural desta vella urbe tudense, colaborando en numerosas iniciativas de carácter cultural xurdidas en Tui e na súa bisbarra do Baixo Miño e mesmo instalando nas vellas rúas tudenses o seu estudio.

 

O concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, recollendo o sentir do Alcalde, da Corporación Municipal e dos tudenses quere transmitir a súa familia e amigos a súa condolencia polo pasamento do singular artista que foi Xosé Luís de Dios.