Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Concellería de Servizos Sociais oferta un curso de deshabituación tabáquica

21/12/2011

O Departamento de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro ,organiza para o mes de xaneiro un curso de Deshabituación Tabáquica, gratuito e dirixido a poboación maior de 18 anos . Todos aqueles interesados en anotarse poderán facelo achegándose as dependencias de Servicios Sociais ou a través do e-mail paula.ssociais@concellotui.org ou no teléfono 986603625.

O curso consta de 7 sesións cunha duración de hora en media cada unha, será en horario de 18.30 a 20.00 horas, farase unha primeira entrevista coa terapeuta o mércores 11 de xaneiro e o curso dará comezo o día 25 de xaneiro.

Necesítase un número mínimo de 12 persoas para poder levalo a cabo.