Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Concellería de Muller convoca o "III concurso literario contra a violencia de xénero"

3/10/2007

  CONCURSO LITERARIO “CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 

BASES

 1-     Poderá participar, gratuitamente, calquera persoa sen distinción de idade, presentando un só relato, que non fora premiado noutro concurso, certame ou premio literario, nin que aparecera publicado en ningún outro medio. 2-     Os traballos deberán ser relatos breves, contos, ensaios, sendo a extensión máxima de 10 páxinas  Din A4 por unha soa cara, letra Arial a 12 puntos e a dobre espacio. Os relatos estarán escritos en lingua galega. 3-     O tema versará sobre a “Violencia de xénero”.  4-     Os traballos presentaranse, nun sobre pechado, especificando no seu exterior “Concurso literario contra a violencia de xénero” que poderá ser entregado directamente na oficina ou ser enviado por correo ao Concello de Tui. Os traballos presentaranse baixo pseudónimo, e xunto a eles presentarán nun sobre pechado incluirase o nome e apelidos, fotocopia do DNI, dirección e número de teléfono. Amais do traballo escrito, de ser posible, remitirase unha copia dixital gravada en CD co título e pseudonimo.  5-     A data tope para a entrega dos relatos será o día 1  de novembro de 2007. 6-     O xurado estará composto por profesionais do xornalismo e da literatura.  O xurado poderá deixar deserto o premio. A súa decisión será  inapelable. 7-     Os traballos dos participantes quedaran no poder do Concello de Tui, que se reserva o dereito de publicalos ou difundilos . 8-     A dotación do premio será de 300 € en metálico.  9-     O Concello non se fará responsable das opinións vertidas polos concursantes nos seus relatos.   A participación do concurso implica a total aceptación das súas bases. O incumprimento de calquera das anteriores condicións excluirá automaticamente ao participante do premio.