Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A compañía madrileña Aracaladanza presenta “Pequeños Paraísos” este venres, ás 20h, no Teatro Municipal de Tui.

3/11/2010

O espectáculo recibiu 3 premios MAX e 2 FETEN
A compañía madrileña Aracaladanza presenta “Pequeños Paraísos”
Será este venres ás 20h no Teatro Municipal. Está recomendada a partir dos 4 anos

Mércores , 3 de novembro de 2010. “Pequeños paraísos” é o título do espectáculo da danza contemporánea que a compañía madrileña Aracaladanza presenta este venres, ás 20h, no Teatro Municipal de Tui. A obra recibiu os Premios Max 2008 ao Mellor Espectáculo Infantil, ao Mellor Deseño de Vestiario, e ao Mellor Deseño de Escenografía. Tamén recibiu dous premios FETEN 2007 ao Mellor Espectáculo e á Mellor Música.

Enrique Cabrera é o director da compañía que neste espectáculo conta cun elenco de cinco bailarinas: Carolina Arija, Jimena Trueba, Noelia Pérez, Raquel de la Plaza e Olga Lladó.


“Pequeños paraísos” está inspirado libremente no cadro de El Bosco “El Jardín de las Delicias”. O seu obxectivo é devolver aos espectadores mínimos instantes de felicidade. É un espectáculo cheo de luz, que desprende coidado polos detalles, no que os obxectos son protagonistas, e as marionetas convértense na sexta bailarina. A obra está destinada ao público familiar, a partir de 4 anos, e busca rescatar ao neno que todos levamos dentro.

Aracaladanza, creada hai 12 anos, é coñecida polas súas propostas serias, rigorosas e de alta calidade. Neste tempo, da man de Enrique Os seus traballos teñen logrado o recoñecemento da crítica e do público, tendo no seu haber importantes premios coma o Villa de Madrid á Mellor Coreografía , varios premios FETEN e MAX.

    

As entradas, para a función deste venres, teñen un prezo de 5€ e 3€ e pódense adquirir na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica.

Aracaladanza con “Pequeños Paraísos”
Lugar: Teatro Municipal
Data e hora: Venres, 5 de novembro, ás 20h
Entradas: 5€ - 3€
Duración: 50 min
Venda de localidades: en www.culturatui.info ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica