Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Comezou un curso sobre "Xestión de contidos" no Telecentro

5/04/2011

HOXE COMEZA NO TELECENTRO DA REDE CEMIT UN CURSO SOBRE “XESTIÓN DE CONTIDOS” 

Luns, 4 de abril de 2011. Hoxe luns 4 de abril comeza no Telecentro de Tui, integrado na Rede CeMit, un curso de formación denominado “Xestión de contidos” que combina a formación presencial coa actividade on-line.  Os alumnos inscritos neste curso de caracter gratuíto abordaran temas como sistemas de xestión de contidos, instalación dun servidor web, joomla nun servidor local, outras ferramentas de xestión, etc. 

Este curso de formación en materias multimedia e audiovisuais forma parte da programación formativa que a Rede CeMit promove a través dos Telecentros  Os obxectivos da Rede, integrada por 60 aulas dependentes da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, 56 telecentros da Secretaría Xeral de Medios e o CNTG, da Consellería de Traballo e Benestar, son promover o uso das novas tecnoloxías na poboación, en especial naqueles colectivos onde a fenda dixital se fai máis evidente; fomentar a formación entre os profesionais galegos para que sexan capaces de dar resposta ás necesidades, retos e proxectos dos diversos sectores do tecido produtivo relacionados coas TIC; proporcionar plans formativos adecuados ás novas demandas tecnolóxicas, multimedia e audiovisuais; dinamizar as pemes e micropemes, amosándolles as vantaxes da de fomentar o uso das TIC no tecido empresarial e divulgar e capacitar os servizos da Administración Electrónica. 

Para o Concello de Tui a posta en marcha deste curso formativo nesta aula de formación nas novas tecnoloxías da información e a comunicación que é o Telecentro contribuirá positivamente á formación dos cidadáns tudenses ofrecendo ferramentas de capacitación en material multimedia e audiovisual imprescindibles actualmente para a inserción no mercado laboral. Con estas novas actividades o Telecentro da Rede CeMIT de Tui continúa impulsando actividades de alfabetización e información dixital, unha oferta que agarda ampliarse con novos cursos nun futuro inmediato.