Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Comezo das actividades postas en marcha pola Concellería de muller co gallo da celebración do día 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero

26/10/2010

COMEZO DAS ACTIVIDADES POSTAS EN MARCHA POLA CONCELLERÍA DE MULLER CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O próximo luns, día 25, no pavillón do CEIP Nº2, de 9:30 a 13:30, terán comezo os TALLERES DE CO-EDUCACACIÓN PARA ESCOLARES, programados dentro das actividades postas en marcha pola Concellaría de Muller co gallo da celebración do día 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero.

   

Estes talleres desenvolveranse entre o 25 de outubro e 2 de novembro, e neles participará o alumnado dos centros educativos do noso municipio, nunha media de 150 alumnos por día, o que dará como resultado unha participación de máis de 1000 alumnos, con idades comprendidas entre os tres e os once anos.

   

Esta actividade pretende fomentar a colaboración e o traballo en equipo no ámbito doméstico.

A actividade consiste na recreación dunha casa na que as nenas e os nenos traballan conxuntamente nos labores cotiáns: facendo as camas dos cuartos, tendendo a roupa, cambiando lámpadas.
  .
O obxectivo que se quere alcanzar a través da realización destes talleres educativos é que dende idades moi temperás se desterren os roles de que existen tarefas para mulleres e tarefas para homes, demostrando que ambos os dous, homes e mulleres, están capacitados para realizar calquera tipo de tarefa doméstica .

   

Haberá 6 estacións, ou habitacións, cada unha cun monitor, e en cada estación participarán entre 6 e 8 alumnos/as. Estás serán: 1) reciclar, varrer y fregar o chan 2) facer as camas, limpar o po e aspirar 3) colgar a roupa, dobrala e pasarlle o ferro 4) poñer a mesa e preparar palometas de millo (estación de cociña) 5) Cambiar lámpadas e explicación sobre como funciona un pequeno circuíto das mesmas 6) pequeno taller de bricolaxe.