Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Comeza a funcionar en Tui o Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal

10/04/2012

Hai uns días comezou a funcionar na nosa cidade un Centro e Informacións ás Mulleres (CIM) dirixido ás mulleres da Eurorrexión e que forma parte da Rede de Centros de Dinamización Integral para as Mulleres da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal (Cedim).

 

Son catro centros de dinamización integral, situados en Tui, A Cañiza, Monterrei e Vilaverde promovidos pola Xunta de Galicia e o Goberno de Portugal. Esta iniciativa, baseada no criterio colaborativo de compartir equipamentos e recursos, é resultado do compromiso das administracións de Galicia e Portugal a través do proxecto CEDIM, dentro do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, POCTEP, 2007-2013. Esta rede de centros vai por a disposición das usuarias estructuras compartidas para optimizar os recursos e as políticas de igualdade de oportunidades e de prevención da violencia de xénero a ambos lados da raia.

 

O Centro de Información ás Mulleres de Tui prestará servizos de información, asesoramento, formación e orientación ás mulleres da raia fronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal, pero á diferencia dun CIM normal este Centro promoverá actuacións para a busca de emprego, proxectos de teletraballo, etc. Existindo unha web http://www.redecedim.eu que recolle os obxectivos e actividades destes Centros.

 

Este Centro tudense estará atendido por un técnico e un auxiliar, e tras un período de posta en marcha abrirá as súas portas ao público, de inmediato, no edificio Área Panorámica da nosa cidade.

 

Para o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, esta é una magnifica noticia por un dobre motivo. Pois poderemos mellorar substancialmente a atención ao colectivos de mulleres que ata agora se desenvolvía a través do Servizos Sociais do Concello, e o seu caracter transfronteirizo avala, nunha nova oportunidade, a decida aposta que este Concello de Tui ten realizado coa creación da Eurocidade, para lograr dende esta perspectiva de compartir servicios e actividades mellorar a calidade de vida dos nosos cidadáns.