Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cita previa nos departamentos municipais

9/12/2020

O Concello de Tui, dentro das medidas establecidas para a prevención da COVID19, estableceu un sistema de cita previa para a atención presencial en todos os departamentos do Concello de Tui. As persoas que precisen realizar calquera xestión deberán solicitar previamente cita ben por correo electrónico ou por teléfono.

As persoas interesadas poden consultar a listaxe dos correos e teléfonos dos distintos departamentos na web tui.gal. Pódese solicitar cita previa de luns a venres de 9 a 13 h.