Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Celebración da segunda festa de Tuytú

13/08/2010

Está organizada polos locais da zona vella e o Concello

Este domingo celébrase a segunda festa Tuytú

Haberá dj’s, animación, gogo’s, espectáculos visuais...

 

Xoves, 12 de agosto de 2010. A praza de San Fernando acolle este domingo entre ás dez e media da noite e as dúas da madrugada a segunda festa house Tuytú organizada polos locais da zona vella e a Concellería de Cultura do Concello Tui. Colaboran no mesmo ACITUI, Protección Civil, Policía Local e Garda Civil.

 

A Festa Tuytú foi presentada esta mañá polo Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, e os representantes dos locais participantes. 

 

Moisés Rodríguez destacou na súa intervención que “é importante que a xente veña a Tui e disfrute” máis nunha época na que os locais de ocio teñen que facer fronte a situación de crise e a competencia que teñen nos “botellóns descontrolados” que lles prexudican. 

 

A festa estará perfectamente controlada, segundo explicaba, e a música rematará ás dúas da madrugada de tal xeito que as persoas que acudan á mesma poidan seguir logo de marcha polos locais da zona vella.  Pedía, o edil de Cultura, compresión aos veciños polas molestias que este evento poida xerar. E por outra parte destacaba que se trata dun evento que se vai consolidando, pondo de relevo a importancia do conxunto histórico de Tui coma zona de ocio e zona viva.

 

Un representante dos locais organizadores explicou coma xurdiu esta iniciativa o ano pasado coa idea de facer unha festa un domingo entre os locais de ocio, e que resultou ser todo un éxito. Este ano engadía que se poden superar as expectativas de participación reunindo a máis de mil persoas.

 

Engadía que actuarán os dj’s Mario, Carlos Daniel, Trillo e Jito e haberá espectáculos de animación e visuais e gogós. Consideran os organizadores que a festa pode ter un gran futuro.

 

Na organización de Tuytú están Café Museu, Kafé Central, El Globo, Licuore, Sonoro, Fitch, Arius, La Gruta, Pause&Play, Karamelo e 3 Tempos.

 

2ª Festa House Tuytú

-          Domingo 15 de 22.30h a 2.00h

-          Na Praza de San Fernando