Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Carnavales de Mañufe con “2030 do Porvir” gañadora absoluta do Entroido en Tui

21/02/2026

A Asociación Cultural San Xurxo levou o primeiro premio en carrozas, a Banda de Música Popular de Tui gañou en Parodia,  a Cultural de Pontellas en Coreografía, e Mañufe tamén foi a gañadora en Música

A comparsa “2030 do Porvir” da Asociación Carnavales de Mañufe de Gondomar foi a gañadora absoluta do Desfile-Concurso de Entroido en Tui.  A súa proposta que xirou entorno aos ODS, Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, obtivo a máxima puntuación por parte dos membros do xurado. Valoraron a súa creatividade inspirada nos 17 ODS nun proposta que mesturou modernidade e futurismo.

Foron tamén os gañadores na categoría de música e recibiron o cuarto premio en carrozas cunha proposta futurista na que ían os músicos actuando en directo.

Na categoría absoluta o segundo premio correspondeu á Asociación Cultural San Xurxo con “Carnaval San Xurxo” que mesturou mitoloxía, historia e fantasía. Esta comparsa coa súa carroza presidida por un gran oso levou o primeiro premio nesta categoría. 

A Asociación Entroido de Pexegueiro con “Llegó Papá” foi a terceira clasificada na categoría absoluta, e levou tamén o terceiro premio en carrozas co seu conclave, amais do segundo en Parodia.

Mentres a diversidade cultural e gastronómica representada pola comparsa Asociación os da Casa  de Vigo con “Sabores do Mundo” obtivo o cuarto premio na categoría xeral.

O bosque de “O Segredo do Frondal” da Asociación Cultural O Millor de cada Casa de Gondomar obtivo o segundo premio en carrozas co cova do Elfo Superior.

En na categoría de Parodia o premio foi para a Banda de Música Popular de Tui  con “Cantos Fumos – Tui Capital Histórica do Turismo Político” e o segundo para o Entroido de Pexegueiro.  A Asociación Cultural de Pontellas foi gañadora na categoría de coreografía coa danza das súas amazonas e guerreiros. O xurado concedeulle un accésit especial de inclusión.

Miles de persoas gozaron dunha tarde chea corido, ritmo, diversión e sátira, nun novidoso percorrido que transcorreu polas rúas Mártires de Sobredo, Casal Aboy e Compostela.  Animou a celebración a orquestra Triunfo que actuou mentres o xurado deliberou e continuou co seu espectáculo musical tras a entrega de premios.

Mañá Tui despedirá o Entroido co Enterro do Bacallau. Unha cita festiva de rigoroso loito na que participarán as doce comparsas xunto a centos de persoas. Sairá ás 19.30 h dende a praza de San Fernando, onde terá lugar a lectura das coplas, e continuará pola rúa Seixas, Porta da Pía, Ordóñez, Corredoira, Camilo José Cela, Praza de Galicia, e Lugo, para rematar no aparcamento municipal, onde terá lugar a incineración do Bacallau. 

A festa comezará xa pola mañá coa charanga tudense Cantos Somos que actuará de 12 a 14 h, e pola tarde, de 17 a 19 h contarase por vez primeira na cidade coa Batucada Levada Arraiana de Estás, Tomiño.

Tui vive así unha fin de semana festiva de Entroido.

 

Gañadores Absolutos

  1. “2030 do Porvir” da Asociación Carnavales de Mañufe de Gondomar
  2. “Carnaval San Xurxo” da Asociación Cultural San Xurxo de Salceda de Caselas
  3. “Llegó Papá” da Asociación Entroido de Pexegueiro de Tui
  4. “Sabores do Mundo” da Asociación Os da Casa de Vigo

 

Gañadores Carrozas

  1. “Carnaval San Xurxo” da Asociación Cultural San Xurxo de Salceda de Caselas
  2. “O segredo do Frodal” da Asociación Cultural O Millor de cada casa de Gondomar
  3. “Llegó Papá” da Asociación Entroido de Pexegueiro de Tui
  4. “2030 do Porvir” da Asociación Carnavales de Mañufe de Gondomar

Gañadores Parodia

  1. “Cantos Fumos – Tui Capital Histórica do Turismo Político” da Banda de Música Popular de Tui
  2. “Llegó Papá” da Asociación Entroido de Pexegueiro de Tui

 

Gañadora Coreografía

  1. “A Danza das Amazonas” da Asociación Cultural de Pontellas do Porriño

Gañadora Música

  1. “2030 do Porvir” da Asociación Carnavales de Mañufe de Gondomar