Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Caramuxo Teatro presenta hoxe "Lazarillo" no Teatro Municipal

25/03/2008

Caramuxo Teatro representa maña en Tui “Lazarillo”

A obra, dirixida a un público familiar, comezará ás 19h no Teatro Municipal Luns, 24 de marzo. 

A Concellería de Cultura de Tui presenta mañá martes, 25 de marzo, no Teatro Municipal de Tui á compañía coruñesa Caramuxo Teatro que porá en escena a obra “Lazarillo”. Este espectáculo forma parte da programación do primeiro semestre do ano e fíxose coincidir coa semana de Festas de San Telmo. A cita será ás 19h, e ás entradas poranse á venda dende ás 16.30h ao prezo de 2,5€, 2€ con desconto e 1,5€ para os menores de 12 anos.                                  

O clásico “Lazarillo de Tormes” galeguízase nesta proposta de Caramuxo Teatro que leva a acción ao tempo actual. Esta é a segunda vez que Caramuxo acomete a posta en escena deste texto anónimo. Nesta ocasión, baixo a dirección de Juan Rodríguez, presentan unha proposta completa, vistosa e interesante dirixida a un público familiar a partir de 5 anos. O elenco da obra está formado por Xosé Manuel Esperante, Juan Rodríguez e Laura Sarasola que farán gozar ao público durante os 55 minutos que dura esta comedia. 

Caramuxo Teatro con “Lazarillo”

Data: Martes 25 ás 19h

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Prezos:  2,5€ - 2€ con desconto – 1,5€ os menores de 12 anos