Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Campaña informativa sobre o abuso do alcohol o vindeiro domingo 18 de marzo

8/03/2007

CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE O ABUSO DE ALCOHOL ORGANIZADA POLO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIA DO CONCELLO DE TUI

O Servizo de Prevención das Drogodependencias do Concello de Tui vai realizar unha campaña preventiva-informativa, dirixida a todas e todos os/as adolescentes do concello de Tui, o vindeiro domingo 18 de marzo.
A campaña consistirá no reparto de información referente ao abuso de alcohol e reparto de pañoletas gratuítas para todas e todos os xoves que este domingo 18 de marzo acudan ás discotecas: Anubis ou Metropol e pidan consumicións sin alcohol.