Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Caixanova e o Concello de Tui presentan "UMOJA, o musical africano" o lúns ás 20,30 no Teatro Municipal

22/02/2008

Caixanova e o Concello de Tui presentan “UMOJA, o musical africano”

Será o luns 25 de febreiro ás 20.30h no Teatro Municipal 

Venres, 22 de febreiro de 2008. Caixanova e a Concellería de Cultura de Tui presentan o luns día 25, no Teatro Municipal de Tui, a UMOJA, o musical africano, que está por vez primeira de xira en España. 

UMOJA é un musical que nos achega á historia dun africano de 70 anos ao través da música. Sobre o escenario están 22 artistas entre actores, músicos e bailaríns. O percorrido comeza con danzas tribais no pobo natal do protagonista, para evolucionar polo gospel, o jazz e o kwaito ao tempo que repasa a historia contemporánea co apartheid, o traballo nas minas de Johannesburgo, até a sociedade actual na que conviven distintas nacionalidades e etnias. 

Tod Twala e Thembi Nyandeni son os creados deste espectáculo no que se poderá disfrutar do mellor da música popular surafricana dende o “Pata Pata” de Miriam Makeba, ata “Ladysmith Black Mambazo”. O musical constitúe en sí mesmo unha homenaxe á liberdade . O espectáculo de UMOJA ten percorrido o mundo enteiro recibindo excelentes críticas. En Amsterdan díxose que foi o mellor show que se viu en Holanda nos últimos dez anos. Igualmente estivo durante meses en cartel en New York, Tokio, Londres ou Toronto.  

A cita con “UMOJA” será o luns, 25 de febreiro, ás 20.30h, no Teatro Municipal de Tui. As localidades están á venda na web www.caixanova.es, no teléfono 902.504.500 ou o propio luns na billeteira do teatro dende 16.30h ao prezo único de 12€. 

UMOJA, o musical africanoData: Luns 25 ás 20.30h

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Prezos:  12 € prezo único

Venda de Localidades:  Na web www.caixanova.es, no teléfono 902.504.500 ou o luns dende ás 16.30 na billeteira do teatro.