Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

BASES DE SELECCION PARA CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DE DOUS OFICIAIS DE SEGUNDA PARA A OBRA “CONSERVACIÓN E MELLORA DE INSTALACIÓNS MUNICIPAIS”

23/06/2011

DON JOSÉ ÁNGEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, SECRETARIO ACCIDENTAL DO CONCELLO DE TUI,

CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data, ditouse a seguinte:

“ RESOLUCION DA ALCALDÍA

En virtude das facultades que me confire a vixente lexislación en materia de Réxime Local, esta  Alcaldía- presidencia RESOLVE, aprobar as seguintes:

 BASES DE SELECCION  PARA CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DE DOUS OFICIAIS DE SEGUNDA  PARA  A OBRA “CONSERVACIÓN E MELLORA DE INSTALACIÓNS MUNICIPAIS” :

 

I.-ANTECEDENTES:

 

O Concello de Tui o abeiro  da Orde  da Consellería de Traballo  de data  30 de decembro de 2010, pola que se establecen as bases que regulan para o exercicio 2011, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación , que financian accións de fomento do emprego no ámbito de colaboración coas entidades locais, solicitou á expresada Consellería  a correspondente subvención para a contratación de traballadores desempregados para a realización de obras ou servicios de interese xeral e social.

 

Con data 20 de maio de 2011 a Consellería de Traballo dicta resolución pola cal resolve outorgar o Concello de Tui  subvención para a contratación laboral temporal, de 2 OFICIAIS SEGUNDA , para a obra ou servizo  “CONSERVACIÓN E MELLORA DE INSTALACIÓNS MUNICIPAIS”.

Dita subvención está destinada ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades locais a través da contratación de traballadores/as desempregados e mulleres vítimas de violencia para a realización de obras ou servizos de interés xeral e social, co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral, de conformidade e en cumprimento dos requisitos de selección establecidos na Orde de convocatoria de  30 de decembro de 2011.

II .-OBXECTO  E CARACTERISTICAS DA CONVOCATORIA:

       Aproba-los seguintes criterios e proceder a contratación laboral temporal  de 2 traballadores desempregados  para a obra “ CONSERVACIÓN E MELLORA DE INSTALACIÓNS MUNICIPAIS, de interese xeral e social en  beneficio  da comunidade.

 

   1ª.- O obxecto das presentes bases é proceder á selección de DOUS OFICIAIS SEGUNDA, para a súa contratación laboral temporal a tempo completo polo Concello de Tui,  o abeiro da Orde de  data  30.12.2010 da Consellería de Traballo.

   2ª.- As retribucións serán as fixadas no anexo á resolución de data 20 de maio de 2011 pola que se concede a subvención ao Concello de Tui para a devandita obra ou servizo, nembargantes, será de aplicación o disposto no Real Decreto-ley 8/2010, de 20 de mayo, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a reducción do déficit público.

   3ª.- O contrato terá como duración máxima a establecida na devandita Resolución (6 meses).

   4ª.- O procedemento de selección será o seguinte:

    De conformidade co establecido na orde de convocatoria, e previa oferta de traballo dirixida a Oficiña de Emprego de Tui, é remitida por esta, sondaxe de demandantes atendendo á maior adecuación dos mesmos os postos de traballo ofertados, e categoría profesional dentro da ocupación, e cuia relación de aspirantes consta no expediente de selección.

 

III.- REQUERIMENTOS DOS ASPIRANTES:

       Os requisitos dos aspirantes imprescindibles para poder optar á cobertura temporal das prazas son os seguintes:

1.-Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no art.57 da Lei 7/2007, de 12 de abril do EBEP.

2.-Posuír capacidade funcional para o desempeño  das tarefas

3.-Ser maior de dezaseis anos, e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa

4.-Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das Administracións Públicas, órganos constitucionais ou estatutarios da CCAA, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas de conformidade co disposto no art.56.1 da Lei 7/2007 de 12 abril.

5.-Estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente.

6.-Ter ingresado na conta da Tesourería do Concello de Tui, antes de rematar o prazo de presentación de instancias, o importe en concepto de dereitos de exame segundo o disposto na ordenanza reguladora correspondente.

 

IV- PRESENTACION DE SOLICITUDES:

      A presente convocatoria será comunicada exclusivamente á relación de aspirantes da sondaxe de demandantes remitidos pola Oficina de Emprego, en cumprimento  do disposto no artigo 13 da Orde de convocatoria, debendo presentar os  interesados as súas solicitudes para a participación no proceso de selección,  no Rexistro Xeral do Concello de Tui ( horario de 9 a 14 horas os días hábiles agás o sábado que será de 9:00 a 13:00 horas) ou en calquera das formas previstas no art.38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das  Admisnitracións publicas e Procedemento administrativo común,  no prazo de  3 días naturais, contados dende  o día seguinte  da exposición no taboleiro de anuncios deste Concello, así mesmo publicarase tamén na páxina web do mesmo (www.concellotui.org)

No suposto de que a solicitude fora  presentada  fora do rexistro xeral do Concello, nos xeitos previstos no artigo 38 .4 da Lei 32/92, será necesario que remitila vía fax( ao num. 986 60 41 48), o mesmo día da súa presentación, para que os aspirantes sexan incluidos na relación de admitidos.

Nas instancias, segundo o modelo facilitado polo Concello, solicitarase presentarse ao proceso selectivo do posto de traballo correspondente, facendo constar que se reúnen, con referencia á data na que  expire o prazo de presentación de solicitudes os requerimentos sinalados na base III.

Xunto á instancia achegárase:

  *-Fotocopia compulsada do DNI.

  *-Copia do xustificante de ter aboado os dereitos de exame.

  *-Copia cotexada do certificado oficial acreditativo do nivel Celga 2 de coñecemento da lingua galega, aos efectos de quedar exento da realización da proba de galego.   

 

   Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. Alcalde, no prazo máximo de 1 mes, mediante resolución aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos. Dita resolución será definitiva de non haber excluídos, e será exposta no taboleiro de anuncios do Concello, así como na páxina web do mesmo ( www.concellotui.org ), relacionándose os aspirantes excluídos coa indicación da causa de exclusión. Nesta resolución incluirase a composición do tribunal, o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de tres días hábiles para reclamacións e corrección das deficiencias sinaladas. Estas reclamacións e correccións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que publicarase na mesma forma. Contra a resolución na que se declare a exclusión definitiva do aspirante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que dictou o acto, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Xurisdicción Contenciosa-Administrativa, contados a partir do día seguinte da publicación no Taboleiro de anuncios do Concello de Tui.

 

V.- SELECCIÓN DOS CANDIDATOS E TRIBUNAL AVALIADOR:

 

 Rematado o prazo de presentación de instancias o Tribunal formado como prescribe o artigo 60 da Lei 7/2007 de 12 de abril, procederá a efectua-la selección conforme se describe no punto VI destas bases.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando neles concorran circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. Os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando se dean calquera das citadas circunstancias.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente, debendo estar presente en todo caso, o Presidente e o Secretario ou quen legalmente os sustitúa.

Os membros concorrentes ás sesións do Tribunal e para os efectos de percepcián de asistencias se clasificarán consonte o disposto no artigo 33 do Real Decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razón de servicio.

         O tribunal na súa actuación axustarase ao establecido nas presentes bases; no non disposto, seralle de aplicación á normativa prevista para a formación da vontade dos órganos colexiados, tanto na lei 30/1992 do 26 de novembro como na demais normativa de aplicación.

 Rematado o proceso de selección o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de maior a menor puntuación e propondra o Sr. Alcalde para a súa contratación ás dúas persoas que encabecen a relación do proceso selectivo.

 

VI.- PROCESO DE SELECCIÓN: O procedemento de selección será o de oposición, e consistirá na realización dos seguintes exercicios,  que serán realizados na mesma sesión:

 

a)  Primeiro exercicio: Obrigatorio e eliminatorio de carácter teórico.

Consistirá en contestar por escrito ou oralmente a unha serie de preguntas ou cuestionarios e que serán plantexadas polo Tribunal inmediatamente antes da realización da proba, no tempo que se determine e que puntuara de 0 a 10 puntos. O contido da proba versará sobre as materias que figuran como anexo I destas bases.

 

b)  Segundo exercicio: Obrigatorio e eliminatorio de carácter  práctico.

Consistirá nunha proba de coñecemento práctico relacionada cos cometidos da praza e as  tarefas  propias do traballo a desenvolver, e que será determinada polo tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo, e realizarase no tempo que este determine. Este exercicio terá carácter eliminatorio e puntuarase de 0 a 10 puntos, quedando eliminados todos aqueles aspirantes que non acaden un mínimo de 5 puntos.

 

c) Terceiro exercicio: Obrigatorio e non eliminatorio.

Rematado o exercicio práctico e nesta mesma sesión, realizarase unha proba de coñecemento de lingua galega que consistirá na traducción dun texto ou unha serie de palabras de castelán a galego ou de galego a castelán, determinado polo tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo e que puntuaráse de 0 a 3, sendo este exercicio de carácter obrigatorio pero non eliminatorio.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuir o Celga 2 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán os 3 puntos.

 

            VII.- CALIFICACIÓN FINAL.

   A puntuación total do proceso selectivo será a suma  das cualificacións obtidas polos aspirantes nos distintos exercicios da fase de oposición. Rematada a selección o tribunal formulará unha proposta á Alcaldía co aspirantes que obtivesen a maior puntuación no proceso de selección e que se publicará mediante anuncio no Taboleiro de Edictos do Concello de Tui.

 

 

VIII.- FORMALIZACION DO  CONTRATO:

 

        No prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación no Taboleiro de Anuncios do Concello da relación, os aspirantes propostos para ocupar os devanditos postos deberán presenta-la documentación acreditativa dos requisitos sinalados  na Base III para acceder ó postos de traballo, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

 

No caso de que a persoa seleccionada non aportara a documentación esixida, non reunise os requisitos necesarios para a contratación, ou  que durante a contratación quedara vacante ou fose necesario cubrir temporalmente por baixa de calquera tipo, o Alcalde poderá contratar,coa forma legal de contrato apropiada,  o aspirante que aprobando o exercicio, seguise en puntuación na relación citada e así sucesivamente. Nestes casos  o novo aspirante á contratación terá que aportar a documentación no prazo de tres días hábiles a partir da notificación da súa proposta, e os requisitos esixidos entenderase con referencia a data en que remata o prazo de presentación da documentación.

 

 En  caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún a esta, o Sr. Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases.

 

En todo o non previsto por estas Bases, relativo os contratos rexeranse polo disposto na lexislación reguladora da modalidade contractual de obra ou servicio determinado de interese social, así como pola resolución da concesión da subvención  e o abeiro da Orde de  convocatoria de  30 de decembro de 2011.

 

 

 

ANEXO I

Tema 1.- O Municipio.Concepto. Elementos. A organización municipal. Competencias Municipais.

Tema 2.- Dereitos e deberes dos empregados públicos.

Tema 3.- Nocións xerais sobre conservación e reparación básica de edificios.

Tema 4.- Coñecemento do termo municipal: toponimia e rueiro do Concello de Tui. Lugares de interese. Principais edificios públicos.

Tema 5. Conceptos xerais das tarefas de  albañilería, carpintería, electriciedade e fontanería.

Tema 6. Saude laboral. Riscos específicos vinculados ao posto de Oficial. Medidas de prevención de riscos laborasi. Equipos de Protección individual.

Tema 7. Ferramentas e maquinaria mais utilizadas polas brigadas de obras, albanelaría, carpintería, electricidade e fontaneria. Características e aplicacións.

Tema 8. Os materiais de construcción. Clases e aplicacións.

Tema 9. Normas elementais de apiamento e almacenaxe dos diversos mateiais utilizados.

 

            

E para que así conste, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, expido a presente, en Tui, a 23 de xuño de 2011.

 

   Visto e Prace

   O ALCALDE