Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Axuda por fillas e fillos menores de 3 anos

14/03/2011

Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o 2011.

Data de inicio: 15/02/11. Data de fin: 28/03/11

·                

Descrición:

PRESTACIÓN ECONÓMICA POR FILLAS/OS MENORES DE TRES ANOS

·                

Requisitos:

REQUISITOS

• Residir en Galicia.

• Ter fillas/os menores de 3 anos (nados entre o 2-1-2008 e o 1-1-2011)

• Que as/os nenas/os convivan coa persoa solicitante na data da solicitude.

• Que nin a persoa solicitante nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, por razón de ingresos obtidos durante o ano 2009, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

• No caso de fillas/os adoptadas/os ou acollidas/os, entre o 31-12-2009 e o 31-12-2010, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

• Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, a persoa beneficiaria será o proxenitor que teña a custodia da/o menor.

 

·                

Documentación necesaria:

DOCUMENTACIÓN NECESARIA A presentación da solicitude comportará a autorización para obter os datos do Ministerio de Política Territorial e administracións Públicas, da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Consellería de Facenda, para completar a documentación necesaria. E o cónxuxe ou parella poderá asinar unha autorización (no anexo I) para o mesmo fin. No caso de que a persoa solicitante e o seu cónxuxe ou parella non queiran autorizar a Consellería de Traballo e Benestar para obter os datos, deberán presentar a documentación correspondente xunto co resto da documentación. Novas solicitudes:

• Copia do libro de familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil das/os nenas/os menores de tres anos.

• Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.

• No caso de separación, divorcio ou nulidade, copia da sentenza e do convenio regulador, de ser o caso.

• Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

• Copia da folla da cartilla de aforros ou certificación bancaria, na que figure o número de conta en que se desexe recibir o ingreso e na que deberá figurar como titular a persoa que asina a solicitude..

• Declaración doutras axudas solicitadas ou concedidas por este mesmo concepto. Solicitudes para persoas anteriormente beneficiarias: Para as persoas beneficiarias no ano 2010:

• Solicitude cuberta (anexo I) ENLAZAR CON http://www.xunta.es/formularios/generarPlantillaPDF?conselleria=BS&proce... Solicitudes con modificación de datos respecto dalgún dos proxenitores con relación ao ano anterior, deberán estar acompañadas da xustificación documental correspondente:

• En caso de nulidade, separación ou divorcio: copia da sentenza e do convenio regulador, de ser o caso.

• No caso de ruptura de parellas: convenio regulador onde se recolla quen ten a garda e custodia dos/as menores, de non existir, poderase substituír por un informe dos servizos socias do concello

• No caso de falecemento: certificado de defunción ou copia da folla do libro de familia onde figure esta circunstancia. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ATA O 28 DE MARZO VIAS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

a) Vía escrita: A solicitude máis a documentación requirida presentarase na oficina de rexistro xeral do edificio administrativo San Caetano en Santiago de Compostela ou nos rexistros das delegacións territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, sen prexuízo do disposto no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) Vía telemática: Para presentar a solicitude da axuda de forma telemática, será necesario contar cun certificado dixital ou un DNI electrónico para identificarse.

ENLAZAR CON : http://www.xunta.es/aplicacions/pfc

OU

https://sede.xunta.es/portalcidadan/(S(crtomrbsweugg2z4aojved45))/etramite.aspx?XsnLocation=https://sede.xunta.es/FormServerTemplates/BS410A_2011_1_GA.xsn&savelocat...

De escoller esta maneira deberán cubrir o modelo de autorización do cónxuxe ou parella

http://www.xunta.es/c/document_library/get_file?file_path=/portal-web/Ad...

Documentos relacionados

·                

Orde do 30 de decembro de 2010