Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Aula da Uned convoca dous cursos da Uned Senior

27/01/2011

A AULA DA UNED DE TUI ABRE A MATRICULA PARA DOUS CURSOS DA UNED SENIOR

 

A Aula da Uned de Tui organiza ao abieo da denominada "Uned senior" dous cursos de formación dirixidos especificamente aos nosos maiores, en concreto son actividades para personas maiores de 45 anos da idade o menores de forman parte de grupos de risco social ou discapacitados.

En concreto esta oferta de cursos abrangue os seguintes:

1.- Inglés básico, a nivel de iniciación. Será impartido pola profesora Blanca Hermida Velasco Este curso impártese os martes de 17 a 19 horas

2.- "Aproximación á historia da arte a través do patrimonio de Tui e Valença" que contará como profesores con Rafael Sánchez Bargiela e Isilda Salvador Vilela Martíns. Este curso é os xoves de 17,00 a 19,00 horas.

Os cursos terán unha duración de 30 horas e comezaran o vindeiro 15 de febreiro, rematando o 19 de maio O prezo destes cursos é de 50 Euros, e os alumnos recibirán un certificado e acreditación da Universidade de superación da materia xa que os cursos están avalados pola UNED. A matrícula pódese realizar on-line a través do enlace á Uned-senior: http://www.extensionuned.es/publico_actividad/2322, onde poden consultar tamén o calendario dos cursos e outros datos de interese.

As personas interesadas poden tamén recoller información na Aula UNED de Tui (rúa Antero Rubín, antigo convento de San Domingos) os  mércores e xoves pola tarde. Tamén na Biblioteca Municipal de Tui pódense recoller as fichas de matrícula.

A Aula da Uned de Tui continua ampliando a súa oferta de actividades de extensión universitária dirixida á sociadede tudense e da súa bisbarra. Logo que o pasado venres comezase o seu ciclo de conferencias, neste caso coa impartida póla profesora Julia Crespo Comesaña sobre "Estratexias de comunicación na família" e que contou cunha nutrida e interesada asistencia de público. As personas que participen neste ciclo de conferencias e presicen unha acreditación da súa asistencia poden acadala inscribíndose neste ciclo a través da páxina web: http://www.extensionuned.es

Para o Concello de Tui estas novas actividades da Aula da Uned confirma a importancia da implantación deste centro universitario na nosa cidade ao ampliar a oferta educativa non só para os estudantes do curso de acceso á universidade senón para a propia sociedade tudense e da bisbarra que poden acceder deste xeito a un amplo programa formativo en diversas materias.