Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ata o mércores 27 aberto prazo de inscrición para unha praza de auxiliar administrativo de urbanismo do Concello de Tui

25/02/2008

“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA, POLA QUE SE APROBAN AS BASES QUE REXERÁN A SELECCIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO PARCIAL DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE URBANISMO PARA A SÚA ADSCRIPCIÓN, Á OFICINA TÉCNICA DE REHABILITACIÓN DO CONXUNTO HISTÓRICO DO CONCELLO DE TUI, DE CONFORMIDADE COA SUBVENCIÓN QUE PARA A FINANCIACIÓN DAS ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN SON OTORGADAS POLA CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO.    1º.- O obxecto das presentes bases é proceder á selección de unha  persoa  para a súa contratación laboral temporal ó abeiro da normativa reguladora dos contratos de traballo por obra ou servicio, para auxiliar urbanismo do Concello de Tui, para levar a cabo tarefas de auxiliar administrativo, e que será adscrito a Oficina Técnica de Rehabilitación.    2º.- A persoa contratada deberá presta-los seus servicios durante 20 horas semanais. A distribución da xornada de traballo establecerase posteriormente pola Alcaldía.   3º.- A retribución bruta mensual, incluíndo todolos costes salariais, será de 431,54 euros.   4º.- O contrato será pola modalidade de obra ou servicio determinado, e a súa duración estará condicionada a existencia de crédito orzamentario e as achegas doutras subvencións para o devandito servizo para o ano 2008, e como máximo ata o 31 de decembro de 2008.   5º.- O procedemento de selección será o seguinte:     A convocatoria publicarase no Taboleiro de Edictos do Concello e nun diario de difusión de ámbito provincial, podendo presenta-los interesados as súas solicitudes no prazo de cinco días naturales, contados dende  día seguite a aparición do anuncio no medio de prensa, no Rexistro de Entrada do Concello de Tui en horario de 9 a 14 horas os días hábiles, agás o sábado que será de 9 a 13 horas. Asimesmo podenrase presentar de conformidade co disposto no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro. En todo caso a presentación de instancias fora do rexistro xeral do Concello precisará notificación vía FAX (986604148) o mesmo día da súa presentación.     Nas instancias segundo modelo facilitado polo Concello, solicitarase presentarse ó proceso selectivo do posto de traballo correspondente, facendo constar que se reunen, con referencia á data na que expire o prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos: 1.- Ter nacionalidade española, sen prexuizo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril.2.- Posuir capacidade funcional para o desempeño das tarefas.3.- Ser maior de dezaseis anos, e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.4.- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das Administracións Públicas, órganos  constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas,  nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas de conformidade co disposto no artigo 56.1 da Lei 7/2007. de 12 de abril.5.- Estar en posesión da titulación exisida: ensinanza secundaria obrigatoria, título de Graduado Escolar ou Formación Profesional de primeiro grado ou equivalente.6.- Ter ingresado na conta da Tesourería do Concello de Tui, antes de rematar o prazo de presentación de instancias, o importe en concepto de dereitos de exame segundo o disposto na ordenanza reguladora correspondente.  PUBLICIDADE DA LISTA DE ADMITIDOS: No Taboleiro de Edictos unha vez rematado o prazo de presentacion de instancias facendose publico nese mesmo edicto o día, lugar e hora no que teran lugar as probas para a provision da praza  tendo que vi-los aspirantes admitidos provistos do D.N.I. Rematado o prazo de presentación de instancias o Tribunal formado determinado de conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 7/2007 de 12 de abril, procederá a realiza-la probas que máis abaixo se indican.      A selección dos aspirantes farase a través da realizacion dunhas probas relacionadas coas tarefas a desenvolver, así como de coñecementos básicos de procedemento administrativo, organización municipal, nocións básicas de dereito urbanístico, e realidade geográfica, social e humana do Concello de Tui. Sendo as probas as seguintes:                  1.-Proba teórica de coñecemento, que consistirá en contestar por escrito ou oralmente a unha serie de preguntas ou cuestionarios plantexadas polo Tribunal inmediatamente antes da realización da proba, no tempo que se determine e que puntuara de 0 a 10 puntos. Quedarán eliminados todos aqueles aspirantes que non superen os 5 puntos nesta proba.   2.-Proba práctica de coñecementos informáticos a nivel usuario e que consistirá na transcripción dun texto a partir de outro facilitado o aspirante acompañado das instruccións correspondentes utilizando un procesador de textos que determine o Tribunal e que puntuará de 0 a 10 puntos. Quedarán eliminados todos aqueles aspirantes que non superen os 5 puntos nesta proba.            Rematado o procedemento de selección, o Tribunal aprobará a relación de aspirantes que superaran todalas probas en orde de maior a menor puntuación propoñendo ó Sr. Alcalde para a súa contratación á persoa que encabece a relación do proceso selectivo.    No prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Taboleiro de Edictos do Concello da relación citada o aspirante proposto deberá presenta-la documentación acreditativa dos requisitos correspondentes para acceder ó posto de traballo, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.    Nos casos de que o aspirante escollido non aportara a documentación aludida ou de que durante o periodo de contratación ou de calquera das súas probas a praza quedara vacante ou fose necesario cubrila temporalmente por baixa de calquera tipo, o Sr. Alcalde poderá contratar, coa forma legal de contrato apropiada, ó aspirante que seguise en puntuación na relación citada e así sucesivamente. Nestes casos o novo aspirante á contratación terá que aporta-la documentación, no prazo de tres días hábiles a partir da notificación da súa proposta, e os requisitos esixidos entenderanse con referencia á data que remate o prazo de presentación da documentación. En caso de que quedara deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún á mesma, o Sr. Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario de conformidade coas presentes bases.    6º.- En todo o non previsto por estas Bases os contratos rexeranse polo disposto na lexislación reguladora dos contratos laborales temporais.    7º.- As cláusulas correspondentes ó horario, retribución e prazo de duración do contrato terán en conta que o Concello non poderá gastar máis do que figure previsto nos presupostos municipais ou as achegas doutras Administracións para o devandito servizo.    E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a vinte de febreiro de dous mil oito.