Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ata o 10 de marzo está aberto o prazo para o concurso de caligramas da Biblioteca Municipal

1/03/2007

ATA O VINDEIRO 10 DE MARZO CONTINUA ABERTO O PRAZO PARA PRESENTAR TRABALLOS AO CONCURSO DE CALIGRAMAS CONVOCADO POLA BIBLIOTECA MUNICIPAL

A Biblioteca Pública Municipal de Tui lémbralle a todos os interesados que ata o vindeiro sabado 10 de marzo continúa aberto o prazo de recepción de orixinais para o concurso de caligramas convocado por este centro bibliotecario.
Foi grande o interese suscitado por esta iniciativa pois se contan en máis de trinta as consultas realizadas en torno ás bases deste concurso de caligramas, único certame en Galicia sobre esta modalidade literaria. O caligrama, ou tamén chamado poema visual, é un texto, a miudo de carácter poético, no que emprégase a disposición das letras ou palabras, a tipografía ou a caligrafía para tentar representar o contido do poema ou texto.
Nesta convocatoria pode participar calquera persona con dous caligramas, orixinais e inéditos. O prazo de admisión de orixinais remata o 10 marzo de 2007. As obras presentaranse na Biblioteca Pública Municipal de Tui (Rúa Colón, 2 – 36700 Tui) ou enviaranse, libres de gastos, á mesma dirección indicando no sobre “Para Concurso Caligramas”. Os orixinais virán presentados nun soporte ríxido, non superando as dimensións dun folio tipo DINA3.
O concurso está dotado cos seguintes premios:
- Primeiro Premio de 300 Euros
- Segundo Premio de 200 Euros
Coas obras presentadas a Biblioteca Pública Municipal de Tui organizará unha exposición pública que coincidirá coa celebración do “Día da poesía”, o 21 de marzo.
Para o concelleiro de Cultura do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, resulta satisfactorio comprobar o interese xerado por esta iniciativa da biblioteca tudense que tenta promover a creatividade e desenvolver á lectura entre os nosos cidadáns. Este concurso forma parte das iniciativas que promove a biblioteca tudense de animación á lectura e dinamización bibliotecaria.